viernes, 9 de noviembre de 2012

2012. Enigma grego 5.



Na Grecia antiga había un sistema de votación usado para enviar ó desterro (expulsión da cidade por un tempo) a un rival político.
  1. Como se chama o sistema de votación e por que?
  2. Busca unha imaxe.
Envía a túa resposta antes do venres ás 10.40h. a gregofoz@gmail.com.

2012. Enigma latino 4. 1º BAC e 4º ESO.

 Foi o maior orador de Roma, pero tivo un final tráxico.

A quen nos referimos?
Cal foi o seu final?
Como empezan, en latín, as súas Catilinarias?

Envía a túa resposta antes do venres ás 9.50 h. a gregofoz@gmail.com

miércoles, 24 de octubre de 2012

2012. Enigma grego 4



 O mítico Ixión cometeu moitos erros na súa azarosa vida e Zeus castigouno con dureza para toda a eternidade. 

 Cal foi o crime e o castigo de Ixión?
 Cal foi o único momento de alivio que atopou Ixión no medio dos seus pesares?

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres ás 10.40 h.

viernes, 5 de octubre de 2012

2012. Enigma latino 3.


  A etimoloxía estuda a orixe das palabras. Cal é a etimoloxía da palabra traballo?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres ás 9.50 h.

2012. Enigma grego 3.


 Este camión que circula por Atenas indica na súa caixa que leva metáforas

Que significa literalmente metáforas para que figuren nun camión de mudanzas?

Envía a túa resposta antes do venres ás 10.40 a gregofoz@gmail.com.

miércoles, 3 de octubre de 2012

2012. Enigma 2. 4º ESO.


Os romanos eran moi aficionados a unha salsa chamada garum
Explica como se elaboraba.

Envía a túa resposta antes do luns ás 16.50 a gregofoz@gmail.com

lunes, 1 de octubre de 2012

2012. Enigma grego 2.

 O outro día limos na clase o castigo de Tántalo. Outros personaxes o acompañaban no Hades, entre eles o malvado Sísifo.

 1. Que castigo lle reservaron os deuses a Sísifo?
 2. Cal foi o crime que cometeu para merecer tal castigo?

 Envía  a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres ás 10.40.

2012. Enigma latino 2.

Un alumno da clase leva consigo un lema latino que identifica a unha famosa Universidade.

  1. Cal é o lema latino? Que significa? De que escrito procede este lema?
   2. A que Universidade identifica? 

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres 5 ás 9.50.

2012. Enigma latino 2.

lunes, 24 de septiembre de 2012

2012. Enigma latino 1.


Este primeiro enigma trata da historia das palabras. A palabra proposta nesta ocasión é salario.

 Debes buscar: 

 1. De que termo provén esta palabra 
 2. Que relación ten cun momento da historia de Roma.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres ás 9.50 a gregofoz@gmail.com . Non esquezas poñer o teu nome na resposta.

2012. Enigma grego 1.


          Como xa sabes, o albabeto grego procede dun primitivo sistema de escritura fenicio. Busca:

  1.  O nome fenicio da primeira letra do alfabeto.
  2. Que significa ese nome e que relación ten coa forma da letra.

 Envía a túa resposta antes do venres ás 10.40 a gregofoz@gmail.com. Non esquezas poñerlle o teu nome á resposta.

martes, 15 de mayo de 2012

Enigma grego 17

Agora que, tristemenete, Grecia parece abocada novamente ó dracma, buscamos:

- a etimoloxía da palabra dracma
- a etimoloxía da palabra óbolo, relacionada coa anterior.

 Envía a túa resposta antes do Luns 21 de Maio ás 12 h. a gregofoz@gmail.com

jueves, 3 de mayo de 2012

Enigma grego 16



Na psiquiatría existe un síndrome denominado complexo de Casandra. 

1. Explica en que consiste e por que razón leva este nome.
2. O personaxe da imaxe dedicábase ó mesmo que Casandra e, como ves, tivo serios problemas. Por que?

Envía a túa resposta a   gregofoz@gmail.com antes do xoves 10 de maio ás 9 h.

Enigma latino 15


Onde podemos atopar este magnífico teatro romano? Baixo que emperador foi construido? Para que se utiliza na actualidade?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres 11 de maio ás 12 h.

lunes, 23 de abril de 2012

Enigma latino 14


Buscamos a  máis antiga das cidades de Galicia. Unha vez que a atopes, responde a estas preguntas.

 Cantos anos ten esta cidade?

Quen foi o seu fundador?

Que significa o seu nome?

 Envía a túa resposta antes do venres ás 12.50 a gregofoz@gmail.com

Enigma grego 15



A que famoso científico da antiguidade representa a imaxe?

Que frase célebre insprira a imaxe?

Dinos algún invento do que fora responsible este gran personaxe.


Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do xoves ás 9 h.

martes, 17 de abril de 2012

Enigma latino 13


O máis famoso muro fortificado romano tiña unha lonxitude duns 193 km.

De que muro falamos e onde está situado?


Que emperador encargou a súa construcción?


Busca unha fotografía do seu estado actual.


Envía a túa resposta antes do venres ás 12 h. a gregofoz@gmail.com .

Enigma grego 14

Os antigos gregos non só foron grandes filósofos e literatos; adicáronse tamén con grande éxito á ciencia.

Houbo un personaxe que foi quen de medir con enorme precisión o perímetro da terra. Claro que contaba para a súa tarefa coa súa intelixencia e un aparello de última tecnoloxía: un pao.



Quen era este xenial científico e cando viviu?


Como conseguiu medir o perímetro da terra?



Envía a túa resposta antes do Xoves ás 9h. a gregofoz@gmail.com .