lunes, 18 de diciembre de 2017

Miles Gloriosus


domingo, 10 de diciembre de 2017

12. Enigma latino 2017-18


Nerón tamén quixo participar nos Xogos Olímpicos.

 En que consistiu a súa memorable actuación?

Envía a túa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com ou a comentarios

12. Enigma grego 2017-18


Este home foi, na súa mocidade, o vencedor da primeira maratón dos Xogos olímpicos modernos.

Como se chama este home?
Onde e como se celebrou esa carreira?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves.

Xogos Olímpicos 1896

domingo, 3 de diciembre de 2017

11. Enigma grego 2017-18.




 O tío Gilito padecía do síndrome de Creso

a. En que consiste este síndrome?
b.Quen era Creso?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios antes da clase do luns 11 de Decembro.

11. Enigma latino 2017-18.



  Na cena de Trimalción comían ainda máis ca nós.

a. Averigua en que libro de que autor se fala desta cea.
b. Busca algún plato desta contundente cea  que serías quen de comer.

Envía a túa resposta antes do luns 11 de Decembro a gregofoz@gmail.com  ou a comentarios.

lunes, 27 de noviembre de 2017

O castigo de Heracles


Hera, ofendida polos excesos de Heracles, toleouno (…) Éste, tomando por inimigos a seis dos seus propios fillos, matounos e arroxou os seus corpos ao lume. Cando Heracles recobrou a razón encerrouse nunha habitación escura durante varios días, evitando toda comunicación con seres humanos e, despois de ser purificado polo rei Tespio, foi a Delfos, para preguntar que debía facer.

  A Pitonisa aconselloulle que residise en Tirinto, servise a Euristeo durante doce anos e realizase os traballos que lle impuxese, en compensación polo cal se lle concedería a inmortalidade. Ao oír isto, Heracles sumiuse nunha fonda desesperación, pois aborrecía servir a un home ao que consideraba moi inferior a el, pero temía opoñerse á vontade do seu pai Zeus. 

 Moitos amigos acudiron a consolalo  na súa angustia e, por fin, cando o transcurso do tempo aliviara algo a súa dor, púxose a disposición de Euristeo.

domingo, 26 de noviembre de 2017

10. Enigma grego 2017-18.


En grego moderno o viño denomínase krasí, "mestura".

Que se mesturaba co viño?
Como se denominaba ó viño en grego clásico e que palabras derivadas dese termo hai en galego?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios antes da clase do xoves.

10. Enigma latino 2017-18

 Que ten que ver o figo co fígado? 
Unha pista: ten que ver coa forma en que os romanos alimentaban ós ...gansos.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios antes da clase do venres.

domingo, 19 de noviembre de 2017

9. Enigma grego 2018-19



O billete que podes ver representa a un deus grego. Leva escrito o seu nome e o lugar onde ten o seu templo máis afamado.

Preguntas:

1. Como se chamaba esta  moeda grega, anterior ó euro? CantoS euros valería hoxe o billlete?
2. Que deus está representado no billete  e que templo aparece citado?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves.

9. Enigma latino 2017-18.


  

Dúas cuestións relativas ós cartos:

1. Que relación ten co latín o inglés money?
2. De que palabra latina procede o termo diñeiro?

 Envía a túa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com ou a comentarios.

domingo, 12 de noviembre de 2017

8. Enigma grego 2017-18.




Sócrates afronta con serenidade o seu fin.  

1. Que fin tivo "o máis xusto dos homes"?
2. Quen descrebe minuciosamente ese momento?

 Envía a túa resposta antes da clase do xoves a gregofoz@gmail.com ou a comentarios.

8. Enigma latino 2017-18



Foi o cabalo mellor tratado do mundo antigo, aínda que o seu dono, un emperador,  era un tipo pouco recomendable. 

Como se chamaba o cabalo e a quen pertencía?
Que coidados lle prodigaba o seu amo?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios antes da clase do venres.

jueves, 9 de noviembre de 2017


Como se insulta en latín!



<script type="text/javascript" src="//cdn.playbuzz.com/widget/feed.js"></script> <div class="pb_feed" data-embed-by="372c95f7-92e8-4fe6-83c5-1412ed7a9e20" data-item="b9147f9d-9dbd-46d1-b4e2-be5376b9fa66"  ></div>

domingo, 5 de noviembre de 2017

7. Enigma latino 2017-18.

Con respecto á palabra salario, debes buscar: 

 1. De que termo provén esta palabra 
 2. Que relación ten cun momento da historia de Roma.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios antes da clase do venres .


7. Enigma grego 2017-18.




O mítico Ixión cometeu moitos erros na súa azarosa vida e Zeus castigouno con dureza para toda a eternidade. 

 Cal foi o crime e o castigo de Ixión?
 Cal foi o único momento de alivio que atopou Ixión no medio dos seus pesares?

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios  antes da clase do xoves.

O rapto de Europa.


 Zeus viu a Europa, princesa fenicia,  collendo flores coas súas doncelas á beira do mar e transformouse en touro para a seducir. A princesa, sen sospeitar nada, subiu sobre o seu lombo; o touro mergullouse de repente no mar e levouna cruzando as ondas ata Creta. Da súa unión naceron MinosRadamantis e Sarpedón.
 Radamantis, rei de Creta moi respectado pola súa prudencia, foi destronado por Minos, que para probar o seu dereito ao trono, coa axuda de Poseidón, fixo saír do mar un touro magnífico polo que Pasifae, a súa esposa, concibiu unha paixón culpable. O froito desta monstruosa relación foi o Minotauro. 

miércoles, 1 de noviembre de 2017

Bacharelato



Toponimia





Arquímedes e a coroa de loureiro





Compuesta por 313 follas e 68 landras de ouro, símbolo de Zeus, esta coroa, que presentaba signos de ter sido queimada, atopouse bdentro do  lárnax (caiaa funeraria) do rei Filipo II de Macedonia, pai de Alexandro Magno.

lunes, 30 de octubre de 2017

domingo, 29 de octubre de 2017

6. Enigma grego 2017-18.


 Que representan as franxas e as cores da bandeira grega?
Que di o comezo do seu himno?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou en comentarios antes do xoves.

6. Enigma latino 2017-18.


 Que problema ten Medusa co seu perruqueiro?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou en comentarios antes da clase do venres.

martes, 24 de octubre de 2017

O rapto de Europa


Exeo, Teseo e o Minotauro



Chegaron daquela por terceira vez dende a illa de Creta enviados do rei Minos para percibir o imposto habitual. A súa orixe era a seguinte: o fillo de Minos, Androxeo, fora morto nas montañas do Ática. En vinganza ou seu pai lanzarase a unha guerra devastadora contra os seus habitantes, e os propios deuses arrasaban o pais enviándolle carestías e epidemias.

  Entón o oráculo de Apolo anunciou que a cólera dos inmortais e os padecementos dos atenienses rematarían cando estes acougasen a Minos e obtiveran o seu perdón. Os atenienses dirixíranse ao rei e obtiveran a paz baixo a condición de enviar cada nove anos a Creta, en concepto de tributo, sete adolescentes e sete doncelas. Segundo din, Minos recluíaos non famoso labirinto que Dédalo lle construíra, onde eran mortos polo horrible Minotauro, monstro híbrido, medio home e medio touro, ou sucumbían vítimas dalgún outro suplicio.

  Chegara ou tempo de pagar o terceiro tributo, e Teseo, fillo de Exeo, partíu coas vítimas. O seu pai ordeoulle que, se voltaba san e e salvo, trocara as negras velas do navío por unhas velas brancas.

  Cando Teseo desembarcou en Creta, a súa beleza e nobre porte atraeron as miradas da encantadora Ariadna, filla de Minos. Nunha secreta entrevista a doncela confesoulle o seu amor e entregoulle un nobelo de fío cuxo extremo había de atar fortemente á entrada do labirinto. Debería desenvolvelo a medida que avanzase polos tortuosos pasadizos sen soltalo da man ata chegar ao lugar onde o Minotauro mantiña a súa horrible vixilancia. Ao mesmo tempo deulle unha espada máxica coa que matar o monstro.

  Teseo foi enviado cos seus compañeiros ao labirinto, púxose á cabeza deles, inmolou ao Minotauro coa súa arma encantada e, grazas á hebra condutora, saíu felizmente dos infernais corredores, seguido de todos os que estaban con el. Logo, con todos os seus compañeiros e asistido por Ariadna, que marchaba tamén con eles, emprendeu a fuga, feliz de levar consigo aquela hermosísima presa que de modo tan inesperado conquistaba. Seguindo o seu consello, furara tamén o fondo dos barcos cretenses co fin de que o seu pai non puidese envialos na súa persecución.

  Ó chegar á illa de Naxos aparecéuselle en soños o deus Dioniso e declaroulle que Ariadna era a muller que lle designaba o Destino, ameazándolle con toda sorte de desdichas se non lle cedía a amada. Teseo fora criado polo seu avó no temor dos deuses, polo que abandonou na solitaria illa á abatida e abatida princesa e seguiu a súa viaxe. 
 
  Teseo e os seus compañeiros sentíanse deprimidos pola perda da rapariga e, na súa tristeza, olvidáronse de que o barco levaba izada a vela negra con que abandonaran a costa ática. Deixando incumprida a orde de Exeo, non despregaron as lonas brancas e a nave achegouse á costa natal nos seus negros atavíos de loito. Exeo atopábase na beira, contemplando, desde un saínte de roca a inmensidade do mar, cando a embarcación presentouse á súa vista. Crendo, pola negra cor da vela, que o seu fillo morrera, levantóse da pena que lle servía de asento, e sentíndose hastiado da vida baixo aquela dor infinita, precipitouse no abismo.

domingo, 22 de octubre de 2017

5. Enigma latino 2017-18.





Explica as seguintes imaxes, que parodian un famosísimo feito da antigüidade.

Envía a túa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com ou a comentarios.

5. Enigma grego. 2017-18



Indica o significado e algún derivado en galego das palabras megalos e diaita do diálogo.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou en comentarios antes da clase do xoves.

martes, 17 de octubre de 2017

domingo, 15 de octubre de 2017

4. Enigma latino 2017-18.


 Explica o significado destes aforismos latinos aplicados ó cocho da imaxe.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios antes da clase do venres.

4. Enigma grego 2017-18.


 Quen é o protagonista deste mito e cal é o seu tráxico-cómico fin?

 Envía a túa resposta antes da clase do xoves a gregofoz@gmail ou a comentarios.

lunes, 9 de octubre de 2017

domingo, 8 de octubre de 2017

3. Enigma latino 2017-18.


 Averigua que significa a expresión latina panem et circenses. En clase has de explicar que ten que ver coa viñeta de Asterix.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios antes da clase do venres.

7. Enigma grego 2019-20


 Este pequeno pobo do sur de Italia chámase Galliciano.  Os seus habitantes falan italiano pero tamén, sorprendentemente, outra lingua.

 Que outra lingua falan os habitantes deste pobo?
Lee o que pon no primeiro cadro ( o escrito en letras gregas).

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.

Εγώ πάντα εσένα σκέφτομαι,
γιατί εσένα ψυχή μου αγαπώ,
και όπου πάω, όπου σέρνομαι, όπου στέκομαι,
στην καρδιά μου πάντα εσένα βαστώ.
Evò panta se sena pensèo,
jatì sena fsichì mu gapò,
ce pu pao, pu sirno, pu steo
stin kardìa mu panta sena vastò

martes, 3 de octubre de 2017

Coloso.





domingo, 1 de octubre de 2017

2. Enigma latino 2017-18.


Estamos ante o anfiteatro Flavio, tamén chamado Coliseo. O nome anfiteatro fai referencia á súa forma, a modo de teatro doble. Pero a que se deben os outros nomes?

1. Flavio.
2. Coliseo.

Explícao.

Envía a túa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com ou a comentarios nesta mesma entrada.

2. Enigma grego 2017-18



No nome destes dous equipos, a selección grega de baloncesto e o equipo italiano de Verona, aparece o mesmo nome: Hellas.

1. Que significa ese nome?
2. Por que figura no escudo do Verona?

Envía a túa resposta antes da clase do xoves a gregofoz@gmail.com ou a comentarios nesta mesma entrada.

domingo, 24 de septiembre de 2017

1. Enigma latino 2017-18.



O segundo dos emperadores romanos tiña unha famosa villa dende a que podía divisar este panorama.

 Quen era este emperador?
Onde estaba a súa villa e que nome tiña?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios antes da clase do venres. 

1. Enigma grego 2017-18




Estas dúas imaxes corresponden á extraordinaria illa de Santorini. 

Que feito xeolóxico configurou o seu peculiar aspecto actual?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios antes da clase do xoves.