lunes, 16 de diciembre de 2019

Armas do lexionario

EXÉRCITO ROMANO

Conquistas da Roma Republicana

Campamentos romanos

Villa romana (2)

Villa romana (1)

martes, 10 de diciembre de 2019

11. Enigma latino 2019-20

Xa sabes que os romanos eran bastante 

supersticiosos. Nunha ocasión un romano, Publio 

Claudio Pulcro, ignorou o que lle dician os polos 

sagrados e aconteceu un gran desastre.

Buscamos :

Como é a anécdota?
 Con que frase (en latín) desprezou este 
personaxe ós polos sagrados?  

Envía a túa resposta antes do venres a gregofoz@gmail.com.

10 Enigma grego 2019-20

 En Delfos había un famoso oráculo, de enorme prestixio no mundo antigo.
 Busca unha das súas escuras profecías e explícaa.

Envía a túa resposta antes do venres a gregofoz@gmail.com

domingo, 8 de diciembre de 2019

10.Enigma latino 2019-20

Resultado de imaxes para TRIPAlium

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhYWd9sRtMEAKRzUwLAVVPoqY5L_oso4gsTN0WVEUqaUgrIBn-n6DhP_7JYN84OEplBt5_HCiJzCxv1CXBH3v9V7tJ76wPFO-Nd38Szh6qlaPZQEBDyJwbJTI3Mwf0Z1hJuvl7CI7NePR5v/s1600/chaplin.jpg
                                  
                                       Cal é a etimoloxía de traballo?
Envía a túa resposta a gregofoz@gmail .com

lunes, 25 de noviembre de 2019

Sella curulis; subsellium

Resultado de imaxes para sella curulis
banco

Vestimenta do maxistrado romano

Toga  

 Resultado de imaxes para toga romana

Paludamentum

Resultado de imaxes para paludamentum

Resultado de imaxes para paludamentum

domingo, 24 de noviembre de 2019

9. Enigma latino 2019-20

Que utensilios utiliza esta poetisa romana para 
escribir?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.

10. Enigma grego 2019-20

 Un rei ordea que os seus soldados lle dean unha malleira ...ao mar.

Quen foi ese extravagante soberano e por que o fixo?

Envía a túa resposta antes do  venres a gregofoz@gmail.com

9. Enigma grego 2019-20

Detrás deste atribulado grego figura a súa bandeira. 

Que simbolizan as nove franxas de branco e azul?

Envía a túa resposta a gregofozgmail.com antes da clase do venres.

lunes, 18 de noviembre de 2019

8. Enigma grego.2019-20

Quen son estes personaxes? Que é o que falan?

 Unha pista: un deles era un cínico sinopense. 

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres

viernes, 15 de noviembre de 2019

qqwsq

zoolóxico

jueves, 14 de noviembre de 2019

lunes, 11 de noviembre de 2019

7. Enigma grego 2109-20

O mítico Ixión cometeu moitos erros na súa azarosa vida e Zeus 

castigouno con dureza para toda a eternidade. 

1) Cal foi o crime e o castigo de Ixión?

2)  Cal foi o único momento de alivio que atopou Ixión no medio dos seus pesares?

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.

7 Enigma latino 2019-20

 Averigua que significa a expresión latina panem et circenses. Que ten que ver con esta viñeta de Asterix?.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com  antes da clase do venres.

lunes, 4 de noviembre de 2019

Grego 1º BAC. ILÍADA (2) para radio.

 Aquiles pídelle á súa nai, a deusa dos mares Tetis, que axude ó seu fillo Aquiles, ofendido por Agamenón, rei dos aqueos.

  Tetis, a nai de Aquiles saíu de entre as ondas do mar e subiu, moi de mañá, ao Olimpo. Achou a Zeus sentado á parte dos demais deuses no máis alto dos moitos cumes do monte. Abrazou entón os seus xeonllos coa man esquerda, tocóulle a barba coa dereita e dirixiu esta súplica ao soberano:

  -Pai Zeus! Honra a Aquiles, o meu fillo, o heroe de máis breve vida, pois o rei de homes, Agamenón, arrebatoulle a recompensa que con tanto esforzo gañara. 

 Zeus, que amontoa as nubes, nada contestou. Gardou silencio un bo intre ata que, ó fin, dixo moi aflixido: 

 - Querida filla, a miña esposa Hera tomarao a mal e dirixirame  inxuriosas palabras. Rífame sempre sen motivo ante os inmortais deuses, porque di que nas batallas favorezo aos troianos. Pero agora vaite, non sexa que Hera advirta algo. Eu ocupareime de que isto se cumpra. E se o desexas, fareiche coa cabeza o sinal de asentimento. 

 Entón Zeus baixou as negras cellas en sinal de asentimento; os divinos cabelos axitáronse na cabeza do soberano inmortal, e estremeceuse o amplo Olimpo. Sentou Zeus no trono; e Hera, que o vira conversar coa nai de Aquiles, Tetis, a de pés de prata, dirixiulle ó soberano Zeus estas aladas palabras: 

  -Que deus conversou contigo? Agrádache resolver todos os asuntos secretamente, e xamais me dis unha soa palabra do que acordas. 

 Respondeulle o pai dos homes e dos deuses: 

 - Hera! Non esperes coñecer todas as miñas decisións, pois che resultará difícil, aínda sendo a miña esposa. O que poida dicirse, ningún deus nin home saberao antes ca  ti; pero o que queira eu resolver sen contar cos deuses, non o preguntes.

Replicó deseguido Hera, a de ollos de xovenca: 

 -Terrible Zeus! Sospeita o meu corazón que Tetis, a de pés de prata, a nai de Aquiles de pés lixeiros, che teña engaiolado. Ao amencer o día sentou preto de ti e abrazou os teus xeonllos; e penso que lle prometiches honrar a Aquiles. 

 E contestándolle, Zeus, que amontoa as nubes, díxolle:
 -Ah, desgrazada! Sempre sospeitas de mín … Pero nada poderás conseguir senón afastarte do meu corazón, o cal aínda che será máis duro. Se é certo o que sospeitas, así debe de serme grato. Tí senta en silencio e obedece as miñas palabras. Non sexa que non che poidan socorrer cantos deuses hai no Olimpo cando che poña encima as miñas invictas mans. 

 Así dixo. Sentiu temor Hera, a de ollos de xovenca e sentou en silencio. Indignáronse no palacio de Zeus os deuses celestiais. E Hefesto consolou á súa nai Hera, a dos níveos brazos: 

 - Nai, obedece ao pai querido, a Zeus, para que non volva rifar e a amargarnos o festín. Pois, se é, que lanza o raio, quere botarnos do asento... avantáxanos moito en poder. Tí afágao con palabras cariñosas 

 Deste xeito falou e, tomando unha copa de dobre asa, ofreceulla á súa nai, dicindo: 

 -Sofre, miña nai, e sopórtao todo, aínda que esteas aflixida, porque é difícil opoñerse a Zeus. Xa outra vez que quixen defenderte colleume polo pé e tiroume desde o Olimpo; todo o día fun rodando e á posta do sol caín na illa de Lemnos. Quedábame un pouco de vida  e os habitantes da illa atendérome ….

  Así dixo. Sorriu Hera, a deusa dos níveos brazos; e, riseira aínda, tomou a copa que o seu fillo lle presentaba. Hefesto púxose a servir doce néctar para os outros deuses, sacándoo da crátera; e unha risa inextinguible alzouse entre os bienaventurados deuses vendo con que afán o deus Hefesto, o ilustre coxo, os  servía no palacio. Todo o día, ata a posta do sol, celebraron o festín; e ninguén careceu da súa respectiva porción, nin faltou a fermosa cítara que tañía Apolo, nin as Musas que con linda voz cantaban. 

 Mais, cando a luz do sol chegou ao ocaso, os deuses foron  recollerse aos seus respectivos palacios. Zeus olímpico, que lanza o raio, encamiñouse ao leito onde adoitaba durmir cando o doce soño o vencía. Subiu e deitouse; e ao seu lado descansou Hera, a de áureo trono.

 Adaptación da Ilíada, I, 500ss. 

Grego 1ª BAC. ILÍADA (1) para a radio.

6. Enigma grego. 2019-20

 Este é o significado que figura no dicionario da RAE acerca de mamotreto (a Academia Galega non recolle o termo) 
mamotreto

nombre masculino
  1. 1.
    coloquial despectivo
    Libro muy voluminoso.
  2. 2.
    coloquial despectivo
    Objeto, en especial una máquina o un mueble, grande, pesado, tosco y poco útil, o demasiado grande o pesado para la utilidad que presta.

    Pero a palabra ten que ver co grego. Que sigifica literalmente a palabra?
    Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.

6. Enigma latino 2019-20

Adán no calla con nada.

Adán no cede con Eva y Yavé no cede con nada.

Non é necesario saber latín para decatarse da 

relación entre os versos do comezo e a inscripción de 

abaixo. Cal é?

Emvía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.

lunes, 28 de octubre de 2019

Lía

Lia from pasenyvean on Vimeo.

Viviremos sempre?

Book Trailer Aire Negro

domingo, 27 de octubre de 2019

5. ελληνικο αινιγμα 2019/20

Este home foi o vencedor da primeira maratón dos Xogos olímpicos modernos.

Como se chama ?
Onde e como se celebrou esa carreira?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase ΤΗΣ ΠΑΡΑΣΚΕΥΣ.

5. Enigma latino 2019-20

A primeira asasina en serie da historia vivía en Roma e era contratada para eliminar a importantes personaxes da vida pública. O seu alcume coincide co nome en latín desta langosta que ves na imaxe.

Buscamos:

1. O nome desta terrible muller.
2. Como e a quen asasinaba.
3. O nome dalgún dos seus clientes.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do  venres.

domingo, 20 de octubre de 2019

4. Enigma grego. 2019-20

 ελευθερία ή θάνατος

1. Que significa?
2. Por que é o lema de Grecia?
 
Envía a túa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com

4. Enigma latino. 2019-20

Que significa esta famosa expresión latina?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.con antes da clase do venres.

jueves, 17 de octubre de 2019

Ελευθερία Αρβανιτάκη Τα κορμιά και τα μαχαίρια

 Τα κορμιά και τα μαχαίρια

Τα κορμιά και τα μαχαίρια
άντε κάποτε αλλάζουν χέρια,
τα σημάδια τους αφήνουν
που πονανε και δε σβήνουν.
 
Aγγιξέ με, φίλα με, μύρισέ με
κρύψου μέσα μου, κατοίκησε με,
σαν παλιό κρασάκι φύλαξέ με
ένα κορμί δεν είναι μόνο αγκαλιά,
αχ! ένα κορμί δεν είναι μόνο αγκαλιά
είναι μια πατρίδα που θα γίνει ξενιτιά.
 
Τα πουλιά και τα τριζόνια
άντε τραγουδάνε τόσα χρόνια
κι από την ανατριχίλα
κοκκινίζουνε τα μήλα.
 
Τα κορμιά και τα μαχαίρια
άντε μη βρεθούν σε λάθος χέρια,
κάποιο φονικό θα γίνει
και ποιός παίρνει την ευθύνη.
 
Μέσα στης γιορτής το κέφι
άντε πιο ψηλά κρατάει το ντέφι
όποιος πόνεσε και ξέρει
γλύκα που 'χει το μαχαίρι.

Νίκος Πορτοκάλογλου - Θάλασσα Μου Σκοτεινή

Eneas e Dido segundo Virxilio, Eneida.

 Fuxidos dunha patria arrasada, os troianos chegan a Cartago desviados do seu rumbo cara a Italia por mor da tempestade provocada pola deusa Xuno. Alí recíbeos a súa raíña, Dido, a quen  Eneas solicita hospitalidade. 

 Venus –nai do heroe–, envía a Cupido coa misión de que  namore a Dido de Eneas. Xorde entón un apaixoado amor, pero Xúpiter envía a Mercurio para que lle lembre a Eneas que non son eses os designios do hado, senón que debe partir cara a Italia.

 O heroe, pese á dor que lle ocasiona, obedece a vontade divina e deixa Cartago. Tremendamente desconsolada e ofendida, Dido decide suicidarse maldicindo o abandono de Eneas. Desde ese momento arrinca o histórico odio de Cartago cara a Roma.

 Posteriormente, cando Eneas descende ao Inferno, atópaa vagando entre os mortos por amor. Comprendendo entón que a raíña cometera suicidio á súa partida, trata de explicarlle con gran pesar que el non quería abandonala, que os deuses labraran así o seu destino; pero a pantasma de Dido non o escoita.

miércoles, 16 de octubre de 2019

Consellos para viaxar a Grecia

Pix- Lax

Rómulo e Remo segundo Tito Livio, Ab urbe condita

[…] Cando o rei Latino oíu que todos aqueles homes eran troianos, que o seu xefe Eneas era fillo de Anquises e Venus, e que, exiliados da súa terra tras ser incendiada, buscaban un lugar para fundar unha cidade, quedou impresionado pola nobreza daquel pobo e do seu xefe, e polo seu ánimo, disposto tanto para a guerra como para a paz,. Entón, estendéndolle a man, selou un pacto de futura amizade. 

[…] Latino recibiu a Eneas como hóspede na súa casa e, ante o altar dos seus deuses, entregoulle á súa filla en matrimonio. […] Fundan unha cidade; Eneas  chámaa Lavinio polo nome da súa esposa, Lavinia. Pronto houbo descendencia do novo matrimonio, un home, ao que os seus pais puxeron o nome de Ascanio. […] Ao crecer a poboación de Lavinio,  Ascanio deixou á súa nai  esta cidade florecente e próspera, e el mesmo fundou outra nova aos pés do monte Albano que recibiu o nome de Alba Longa. 

[…] O seus descendentes procrearon a Numítor e Amulio, que acordaron turnarse no goberno da cidade. Pero Numitor, que era o maior, acaparou o reino despois de destronar a Numítor, e engadiu a este crime outro máis: eliminou a descendencia masculina do seu irmán e á súa sobriña Rea Silvia, co pretexto de honrala, elixiuna vestal e con iso quitoulle a esperanza de ser nai mediante a perpetua virxindade.

 […] Mais ocorreu que Rea Silvia foi violada e deu a luz dous fillos xemelgos e, ben porque así o crese, ben por quedar exculpada ao ter un deus como autor da súa culpa, atribuíu a Marte aquela descendencia dubidosa. Pero nin os deuses nin os homes librárona nin a ela nin aos seus fillos da crueldade do rei: apresou e encadeou á vestal e mandou que botasen ao río aos seus dous fillos. Pero por unha casualidade disposta polos deuses, o Tíber non era accesible e os nenos foron arroxados á charca máis próxima, cumprindo así o mandato do rei. 

 […] Segundo a tradición unha loba sedienta, atraída polo pranto dos nenos, baixou das montañas próximas e empezou a aleitalos . Tempo despois o pastor maior dos rabaños do rei —din que se chamaba Fáustulo— atopounos.

  Nados e criados desta forma, tan pronto como se fixeron maiores, sen descoidar os seus deberes co gando e o cortello, percorrían os montes cazando. Así se fortalecían nos seus corpos e espíritos e facían fronte non só ás feras, senón que tamén atacaban aos ladróns cargados de botín e, como repartían o roubado entre os pastores, aumentaban cada día o grupo de mozos que  os frecuentaba 

 […] Cando se enteran da sús verdadeira orixe, Rómulo e Remo devolven o trono de Alba Longa a Numítor e deciden fundar unha cidade no mesmo lugar en que foran abandonados e criados. […] Como eran xemelgos e non era posible decidir quen sería o rei baseándose na idade, encomendaron ós deuses  que designasen, por medio de agoiros, ao que daría nome á nova cidade e ao que a gobernase.

  […] Dise que foi Remo o primeiro que recibiu os agoiros, ao ver a seis voitres. E cando terminaba de anuncialo, Rómulo viu doce. Entón cada irmán foi proclamado rei polos seus partidarios, baseándose os uns na prioridade e os outros no número. A ira converteu en ensanguentado combate aquel altercado e na loita caeu morto Remo. Segundo a tradición máis difundida, Remo, para burlarse do seu irmán, saltou as murallas da nova cidade, que foran construídas por Rómulo. Entón este encolerizado matouno, mentres lle increpaba con estas palabras: «Así morra en diante todo aquel que traspase as miñas murallas». Quedando só Rómulo, a nova cidade recibiu o nome do seu fundador.  

martes, 15 de octubre de 2019

Orixe de Roma

http://almacendeclasicas.blogspot.com/2009/12/test-de-45-preguntas-de-la-guerra-de_2944.html

Palabras gregas

3. Enigma grego 2019-20

 Que clase de metáforas son as que transportan estes camións?

Envía a túa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com

Gringlish

Αφού ακόμα δεν μου λες 
με την καρδιά σου ένα γιές 
γιατί, αγάπη μου, γιατί
αφού το βλέπεις πως πονώ
 άι ντόντ νόου γιατί δεν μου λες το νόου 

 αχ, γιατί γλυκό μου σουητχάρτ
 αχ, να με πληγώνεις τόσο χαρντ. 
Να λες πως είσαι μέρα νύχτα μπήζι 
μα μη θαρρείς η καρδιά μου πως ραΐζει 
μες στης αγάπης τα αφαίαρ, 
τα ψέματα δεν είναι φαίαρ 
φρομ μάι πάρτ στο λέω άι ντόντ κέαρ 

αχ, τον άλλονε φωνάζεις χάνεϋ 
αχ, κάνεις τον νου μου και τα χάνει.

 Να βγαίνεις νταίητ έβρυ νάιτ 
στο ξαναλέω μπλακ εντ γουάιτ 
να σου ζητάω ένα φιλάκι 
και να μου λες πως έχεις τράκι 
χάνεστ δε Γκαντ, αυτά δεν είναι ράιτ 

 αχ, γιατί γλυκό μου σουητχάρτ 
αχ, να με πληγώνεις τόσο χαρντ 
αχ, μην με πληγώνεις τόσο χαρντ 
αχ, μικρό γλυκό μου σουητχάρτ.

domingo, 13 de octubre de 2019

Reconstruccion virtual do pazo de Cnosos

3. Enigma grego 2019-20

A chamada chuvia de sangue é un fenómeno explicado científicamente; na literatura grega, xa aló polo século VII a.C., aparece xa unha cita deste fenómeno.

 1. En que obra aparece?
 2. Quen e por que fai chover sangue?

Envía a túa resposta a gregogfozl.co

3. Enigma grego 2019-20

 A chuvia de sangue é un fenómeno relativamente habitual e cunha explicación científica.
 Xa na Ilíada Zeus fai chover sangue.

 Por que Zeus

3. Enigma grego 2019-20

3. Enigma latino 2019-20

 O tío Gilito padecía do síndrome de Creso

a. En que consiste este síndrome?
b.Quen era Creso?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.

Mapa de metro: Vías romanas de Italia

https://sashat.me/2018/05/27/roman-roads-of-italy/

Mapa de metro: Vías romanas de Hispania

https://sashat.me/2018/11/21/roman-roads-of-iberia/

Mapa de metro: vías romanas de Gran Bretaña

https://sashat.me/2017/07/23/roman-roads-of-britain/

Mapa de metro:Vías do Imperio romano

https://sashat.me/wp-content/uploads/2017/06/roman_roads_24_jun.png
Tica na imaxe 

jueves, 10 de octubre de 2019

lunes, 7 de octubre de 2019

2. Enigma grego. 2019-20

Este é un famoso oráculo da Pitonisa de Delfos

loita con lanzas de prata e conquistarás todo”

Que significa?
Quen é o destinatario do oráculo?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.