Desde había moito tempo,
Atenas estaba obrigada a entregar cada ano un tributo a Creta, que consistía no
sacrificio de sete mozos e sete doncelas para seren devorados polo monstro
chamado Minotauro, que tiña cabeza de touro e corpo de home, e nacera dos
amores de Pasifae, esposa de Minos, cun touro branco. Minos encerrárao no Labirinto, construción complicada
do arquitecto Dédalo, na que era fácil
entrar pero practicamente imposibel sair. Teseo
ofreceuse a ir. Unha vez alí, propuxo ao rei Minos que se daba acabado co
monstro quedarían libres os catorce mozos e Atenas exenta do tributo. Minos
aceptou a proposta.
A principal preocupación de Teseo era o modo
de sair do Labirinto e nisto entrou en xogo Ariadna, filla de Minos, que se
namorou del e o axudou a se librar da morte no Labirinto ofrecéndolle un novelo
de fío para que non se perdese no interior de aquel lugar. Teseo seguiu as
instrucións de Ariadna, conseguiu matar o monstro e fuxir de Creta no seu barco
xunto con Ariadna e o resto dos
mozos que o acompañaran.
De regreso á súa patria,
Teseo decidiu parar na illa de Naxos para recoller provisións e alí abandonou,
sen explicación aparente, a Ariadna, que se quedara dormida. Cando espertou e se
deu de conta do sucedido, chorou amargamente. Sen embargo, non moito tempo
despois apareceu pola illa o deus Baco e namorouse dela. Ariadna correspondeu
este amor e pouco despois casaron.
Teseo continuou a súa
viaxe triunfal cara a Atenas, pero cometeu un tremendo erro. Dixéralle a seu
pai que á volta da súa viaxe, sei saía vencedor naquela empresa, había izar
unha bandeira branca en sinal de vitoria; en caso contrario, se perecese, regresaría
a embarcación coa súa acostumada bandeira negra. Teseo esqueceu cambiar a
bandeira, e seu pai, que veu desde unha torre como se acercaba o barco polo
horizonte portando a bandeira negra, desconsolado, botouse ao mar e morreu. A
ese mar que baña as costas de Grecia chámaselle desde entón mar Exeo.
Comentario e notas ao texto
Por Fátima Novo Díaz. 1º A BAC.
Pasifae: hija de Helios y de la oceánide Perseis, se casó con Minos, rey de Creta y le dio muchos hijos antes de enamorarse del toro blanco que Poseidón le envió. Tuvo un hijo que era el Minotauro.
Dédalo: maestro y arquitecto de la corte de Minos. Construyó una vaca artificial para que Pasifae pudiera hacer el amor con el toro
Teseo: mítico rey de Atenas, hijo de Etra y Egeo
Ariadna: hija del rey Minos y Pasifae de Creta.
Baco: es el dios de la vendimia y el vino, inspirador de la locura ritual y el éxtasis.
Percorrido de Teseo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario