domingo, 14 de enero de 2018

14. Enigma grego e latino 2017-2018.



Deuses subterráneos! Oh, Hades e ti, divina Perséfone! Escoitádenos desde o reino das sombras! Inspirade as mentes dos nosos alumnos que van emprender unha viaxe infernal, unha odisea cara ás profundidades da Terra, en busca de monstros, deuses e persoas.
 Lanzaranse a buscar as portas do Inferno, a localizar o río que o separa do mundo dos vivos, a tremer ante a tenebrosa lagoa subterránea, a coñecer un can gardián de tres cabezas, a alma dun rei decapitado ...

 Identifica o nome destes lugares ou personaxes que figuran marcados no texto

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios antes da clase do venres.

5 comentarios:

  1. O río que separa o mundo dos vivos e dos mortos é o Estige, chamado así na parte viva, e Aqueronte, nomeado na parte dos mortos.
    A lagoa é a Laguna Estigia.
    O can con tres cabezas é Cerbero.
    O rei decapitado é Poseidón/Neptuno, deus do mar.
    Ana

    ResponderEliminar
  2. O rio que separa os dous mundos chámase "estigia".
    O can chámase Cerbero.
    O rei decapitado foi Neptuno.

    Xoel Basanta

    ResponderEliminar
  3. •Río: Aqueronte
    •Laguna: Estigia
    •Can: Cerbero
    •Rei decapitado:Poseidón

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. O río que separa a parte morta da viva chámase Estigia . O can de tres cabezas chámase Cerbero e o rei decapitado Poseidón deus do Mar
    Salma

    ResponderEliminar