lunes, 23 de abril de 2012
Enigma latino 14
Enigma grego 15
martes, 17 de abril de 2012
Enigma latino 13

De que muro falamos e onde está situado?
Que emperador encargou a súa construcción?
Busca unha fotografía do seu estado actual.
Envía a túa resposta antes do venres ás 12 h. a gregofoz@gmail.com .
Enigma grego 14

Os antigos gregos non só foron grandes filósofos e literatos; adicáronse tamén con grande éxito á ciencia.
Houbo un personaxe que foi quen de medir con enorme precisión o perímetro da terra. Claro que contaba para a súa tarefa coa súa intelixencia e un aparello de última tecnoloxía: un pao.
Quen era este xenial científico e cando viviu?
Como conseguiu medir o perímetro da terra?
Envía a túa resposta antes do Xoves ás 9h. a gregofoz@gmail.com .
jueves, 12 de abril de 2012
Enigma latino 12.

Foi o maior orador de Roma, pero tivo un final tráxico.
A quen nos referimos?
Cal foi o seu final?
Como empezan, en latín, as súas Catilinarias?
Enigma grego 13.

Nunha ocasión o todopoderoso Alexandre Magno foi visitar a un pobre home que vivía nun tonel.
Quen era e a que se adicaba este curioso personaxe?
Que foi o único que lle pediu a Alexandre Magno ?
Envía a túa resposta antes do luns ás 12h. a gregofoz@gmail.com .
miércoles, 14 de marzo de 2012
Enigma latino 11

Inscripsit tumulis septem scelerata virorum
“Se fecisse”. Quid pote simplicius?
Nas tumbas dos seus sete homes a criminal Cloe fixo gravar:
”Fíxeno eu”. Pode haber maior candidez?
Buscamos:
Que famoso escritor hispano escribiu este epigrama?
Onde e cando naceu?
Que emperador estaba daquela no poder?
Envía a túa resposta antes do venres 16 ás 12:50 h a gregofoz@gmail.com.