lunes, 4 de marzo de 2013

Novo tema de debate. Final do Parlamento Xove.

Bo día!
Ante todo, noraboa aos oito equipos por ter chegado á final. Disfrutamos moito co nivel que vimos nos debates do pasado sábado.
Xusto no momento en que tiñamos que publicar o tema para a final, o servidor da web do PX´13 está colapsado. Así pois, volo remito por correo.
Como veredes, quixemos cambiar radicalmente de rexistro coa formulación do tema. Adeus a redes sociais, consumo, iPhone, Inditex...

A Sociedade Española de Quirurxía Plástica informa que cada ano se realizan en España unhas 400.000 operacións de quirurxía estética, das cales se estima que entorno a 40.000 se executan en menores de idade. Esta é, ademáis, unha tendencia crecente cuns valores de incremento anual que oscilan entre o 5% e o 10%. Ao mesmo tempo, seguen a estar moi presentes na sociedade trastornos derivados deste "culto ao corpo" coma a anorexia, bulimia, vigorexia, tanorexia... 
Pola contra, o Instituto Andaluz da Xuventude informa nun dos seus últimos estudos que cada vez é máis crecente entre a xuventude a concienciación pola formación académica e a súa importancia no desenvolvemento profesional; o feito é que o 70% dos mozos andaluces identifican a formación coma un factor primordial, dato que se duplicou dende 2007.

Con esta información riba da mesa, a organización do PX considera interesante analizar os valores sociais que imperan neste eido e propón como tema de debate a seguinte cuestión: ESTÉTICA E CULTO AO CORPO: A SOCIEDADE VALÓRANOS MÁIS POLO QUE SOMOS OU POLO QUE APARENTAMOS?

A postura A FAVOR corresponderase coa tese "A sociedade valóranos máis polo que somos" e a postura EN CONTRA "A Sociedade valóranos máis polo que aparentamos".

Nada máis polo de agora! Comeza a final!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario