domingo, 4 de noviembre de 2018

Enigma latino 7. 2018-19


Xa sabes que os romanos eran bastante supersticiosos. Nunha ocasión un romano ignorou o que lle dician os polos sagrados e aconteceu un gran desastre.

Buscamos :

 Que e a quen lle ocurriu esto? Por que?
 Con que frase (en latín) desprezou este personaxe ós polos sagrados?  

Envía a túa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com.

1 comentario:

  1. Aconteceu durante a Primeira Guerra Púnica. O cónsul Publio Claudio Pulcro fora posto ao mando dunha frota romana para enfrentarse aos cartaxinenses. Como era habitual, Publio Claudio consultou antes os auspicios para ver se lle eran favorables. Sen embargo, a consulta do augur non foi satisfactoria, posto que as aves se negaron a inxerir alimentos. O cónsul, furibundo, tirounos ao mar e lanzouse á batalla. Finalmente, resultou vencido, feito polo cal foi axustizado máis tarde.
    Carme de Alonso

    ResponderEliminar