lunes, 20 de mayo de 2013

2013. Enigma latino 10



 Durante o Imperio a norma era que un emperador asumise o mando durante un longo período de tempo. Pero un ano houbo unha estraña sucesión de varios emperadores.

 - Cando ocurriu esto?
- Que emperadores se viron implicados nesta situación?

  Envía a túa resposta antes do venres (1º BAC) ; luns (4º ESO) a gregofoz@gmail.com

lunes, 13 de mayo de 2013

Reconstrucción virtual de Roma

http://www.historiacocina.com/monograficos/Roma.jpg

martes, 7 de mayo de 2013

Xogo co comparativo latino.







jueves, 25 de abril de 2013

martes, 23 de abril de 2013

2013. Enigma grego 9.




 Un sabio grego inventou, entre outras moitas cousas, un parafuso que leva o seu nome.

 Como se chama o sabio e o seu invento?
Que utilidade tiña a súa invención?
Busca unha imaxe do seu invento.
Enviade a vosa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com.

2013. Enigma latino 9


Xa que estamos no Día do libro, plantexamos unha cuestión relacionada coa escritura: 

Quen e cando comezou a usar a letra minúscula? 
Con que tipo de letra se escribía na Roma antiga?

Envía a túa resposta antes do venres ( 1º BAC) ou do luns (4º ESO)  a gregofoz@gmail.com

domingo, 7 de abril de 2013

O IES de FOZ vence no Parlamento Xove. La Voz de Galicia.












Premio Parlamento Xove 2013

Ganadores del Parlamento Xove

OS ALUMNOS DE FOZ, OS QUE MELLOR DEBATEN



Pincha na fotografía para acceder á noticia.
Los alumnos de Foz debatieron sobre estética y culto al cuerpo (Foto: PARLAMENTO)

lunes, 18 de marzo de 2013

Roma: construindo o imposible.


                                                                        Enlace na imaxe.

Roma contra Cartago na prensa

jueves, 7 de marzo de 2013

Espartaco : liberdade.

Eu son Espartaco.

miércoles, 6 de marzo de 2013

2013.Enigma grego 8.


          En que lugar de Grecia estamos?

 Envía a túa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com

2013. Enigma latino 8.


 Esta vía romana duns  423 km aproximadamente corría por terras hispanas.

 1. Como se chama a vía?
 2. Que lugares atravesa?
 3. Que materiales usaban os romanos para construir as súas vías?

 Envía a túa resposta antes da clase do venres (BAC) ou luns ( ESO) a gregofoz@gmail.com

lunes, 4 de marzo de 2013

Novo tema de debate. Final do Parlamento Xove.

Bo día!
Ante todo, noraboa aos oito equipos por ter chegado á final. Disfrutamos moito co nivel que vimos nos debates do pasado sábado.
Xusto no momento en que tiñamos que publicar o tema para a final, o servidor da web do PX´13 está colapsado. Así pois, volo remito por correo.
Como veredes, quixemos cambiar radicalmente de rexistro coa formulación do tema. Adeus a redes sociais, consumo, iPhone, Inditex...

A Sociedade Española de Quirurxía Plástica informa que cada ano se realizan en España unhas 400.000 operacións de quirurxía estética, das cales se estima que entorno a 40.000 se executan en menores de idade. Esta é, ademáis, unha tendencia crecente cuns valores de incremento anual que oscilan entre o 5% e o 10%. Ao mesmo tempo, seguen a estar moi presentes na sociedade trastornos derivados deste "culto ao corpo" coma a anorexia, bulimia, vigorexia, tanorexia... 
Pola contra, o Instituto Andaluz da Xuventude informa nun dos seus últimos estudos que cada vez é máis crecente entre a xuventude a concienciación pola formación académica e a súa importancia no desenvolvemento profesional; o feito é que o 70% dos mozos andaluces identifican a formación coma un factor primordial, dato que se duplicou dende 2007.

Con esta información riba da mesa, a organización do PX considera interesante analizar os valores sociais que imperan neste eido e propón como tema de debate a seguinte cuestión: ESTÉTICA E CULTO AO CORPO: A SOCIEDADE VALÓRANOS MÁIS POLO QUE SOMOS OU POLO QUE APARENTAMOS?

A postura A FAVOR corresponderase coa tese "A sociedade valóranos máis polo que somos" e a postura EN CONTRA "A Sociedade valóranos máis polo que aparentamos".

Nada máis polo de agora! Comeza a final!!

Composición e derivación latina.

Composición e derivación latina.

domingo, 3 de marzo de 2013

Foz no Parlamento Xove 2013

Nesta enlace tes información sobre a participación de Foz.

FOZ. EQUIPO REVELACIÓN NO PARLAMENTO XOVE

 Foz, equipo revelación.


  Cun nivel de execución sobresaínte, o IES de Foz quedou segundo (97,25 puntos) Debido a isto, o equipo da Mariña no convertiuse no "grupo revelación" xa que, a pesares de ser o primeiro ano que competía, quedaron a un escaso punto e medio de distancia do veterano Becerreá. Pola súa banda, o Divina Pastora é a única representación ourensá nos encontros que se celebrarán no hemiciclo do Parlamento de Galicia o vindeiro 6 de abril. EQUIPOS FINALISTAS Tal e como establece o Sistema de Competición, son 8 os equipos que pasan á final. Así, institutos históricos coma o IES Laxeiro de Lalín ou o IES a Pinguela de Monforte tamén se fixeron o seu oco nos escanos da cámara galega (cos postos 4º e 7º respectivamente) mais as "novas xeracións" veñen apretando moi forte e, centros que participaban por segunda vez coma o IES Virxe do Mar de Noia 2, o IES Valle Inclán de Pontevedra e o IES de Fene (5º, 6º e 8º respectivamente) tamén disputarán os Debates de Cuartos de Final. Inmediatamente por debaixo deles, empatados a puntos, situáronse o IES Montecastelo de Burela e o IES Virxe do Mar 1. Pero non acaba aquí o capítulo de emocións no PX´13. Eran as 20:20 cando Cristóbal Ramírez, en representación dos membros do xurado, manifestou a "enorme dificultade" do equipo que representaba para citar tan só dous nomes como mellores oradores/as tal e como tiña establecido a organización e indicou que había polo menos seis persoas merecentes deste distintivo: Sara (do IES Virxe do Mar), Serxio (Col. Div. Pastora), Daniel (Col. Galén de Lugo), Pablo Casas (IES a Pinguela), María Fontal (IES Becerreá), Alejandro e Iria (IES Foz). Finalmente, trala petición dos membros do xurado a organización concedeu a licenza de nomear a tres persoas ante o cal os primeiros escolleron a Daniel, María Fontal e Iria Braña. ALTÍSIMO NIVEL Dende a organización quíxose deixar constancia do notorio aumento de nivel dos centros participantes edición tras edición e constatan a cada vez máis numerosa presenza de "brillantes oradores". Manifestan a súa profunda satisfacción de que, en só catro edicións, se consolide o aumento exponencial de participantes convertindo a Galicia na primeira Comunidade en número de equipos, con 56 entre as etapas de ESO e Bacharelato nas fases de formación e competición.

PARLAMENTO XOVE 2013