martes, 14 de abril de 2009
A BANDA DESEÑADA NA BIBLIOTECA
Máis sobre Esparta
viernes, 27 de marzo de 2009
viernes, 6 de febrero de 2009
Eratóstenes

Astrónomo, xeógrafo, matemático e filósofo grego(Cirene h.284 a.C- Alexandría h. 192 a.C)Como matemático é célebre pola criba que leva o seu nome e pola invención do mesolabio, inxenio que permite resolver os problemas da media proporcional. Determinou a amplitude do arco de meridiano comprendido entre Siena (Assunan)e Alexandría,do que deduxo que a lonxitude de todo o meridiano era de 252000 estadios (uns 39700 km);as medicións modernas confirmaron a precisión do seu cálculo: o erro é inferior ó 1%. Menos precisa foi a súa labor como xeógrafo; utilizando os numerosos datos atesorados pola biblioteca de Alexandría levantou un mapamundi e os seus erros tranmitíronse a numerosos mapas da Antigüedade e perdurarón ata ó s.XVII.
Ελευθερία Αρβανιτάκη -Δυνατα
στο χώμα η νύχτα το πρωί
κι όλα βγαίνουνε ξανά
και γίνονται ζωή.
μέσα απ' του χρόνου τις στοές
βγάζει ακόμα στο φως
ζευγάρια αναπνοές.
γίναν όλα δυνατά τ'αδύνατα
Δυνατά, δυνατά
σ'ένα θέαμα κοινό.
Δυνατά, δυνατά
κι όπως πάνε του χορού τα βήματα
με τα χέρια ανοιχτά
όλα τα περιφρονώ.
στο χώμα η νύχτα το πρωί
κι όλα βγαίνουνε ξανά
και γίνονται ζωή.
μέσα απ'του χρόνου στοές
βγάζει ακόμα στο φως
ζευγάρια αναπνοές.
γίναν όλα δυνατά τ'αδύνατα
Κι αναμμένο πετά
σπίρτο η γη στον ουρανό.
Δυνατά, δυνατά
κι όπως πάνε του χορού τα βήματα
με τα χέρια ανοιχτά
όλα τα περιφρονώ.
κάποια αγάπη κλαίω
κι όλο μέσα μου θρηνώ χαλάσματα.
Με τα χρόνια μου
στα σεντόνια μου
σαν φαντάσματα.
που να ελπίζουμε μαζί
κοίτα, κοίτα ψηλά
κι άλλος αιώνας ζει.
Moeda
viernes, 30 de enero de 2009
Etimoloxía da palabra músculo
Kavafis (1863-1933)

Konstantinos Petrou Kavafis naceu e morreu en Alexandría (Exipto). Grecia, significou para él a patria do seu corazón, e o grego, a súa lingua poética.
Na súa poesía defínense tres etapas:
* a primeira, en Alexandría onde de rapaz comezou a estudar grego, e na que escribiu a maior parte da súa producción lírica.
* a segunda, en Constantinopla: onde reflectiu a obsesión e o desexo atormentadao, entre a aceptación e o rexeitamento da súa homosexualidade.
* a terceira: durante a súa etapa de madurez na que estivo entre Alexandría e o Continente Europeo.
Foi nestes anos onde definiu o seu estilo e a súa linguaxe.
Debido a súa homosexualidade quedou relegado a un segundo plano, ata que, a mediados do século XX foi restituído ó lugar ó que lle correspondía: entre os grandes da literatura grega Contemporánea.
A súa poesía fala de sentimentos, de amor prohibido, de amor non correspondido, de amor á beleza, da vida e da morte..
Soubo transmitir de forma sinxela os pensamentos máis íntimos da razón e os máis escondidos sentimentos do corazón ; mais ó mesmo tempo soubo perfilar o desasosego e a paixón, con pulso firme e mestría.
Tzatziki

Un pepino pequeno, pelado e raiado.
2 iogures "gregos")
1 - 2 dentes de allo raiados.
2 culleradas de aneto (heneldo)
2 culleradas de aceite de oliva virxe extra.
Sal.
Preparación:
Pela o pepino e sácalle a parte interior (as pébedas). Rállao ou córtao en trozos pequenos. Escúrreo ben para que saque a auga
Mistura nunha cunca o iogur e o pepino. Engádelle o allo raiado, aneto, aceite e sal e remóveo ben.
Gárdao no frigorífico ata que vaias consumilo, como mínimo durante 30 min. Espolvorea a mistura de iogur con un pouco de aneto antes de servila.
O tzatiziki sóese servir como entrante e acompáñase con pan, pero tamén é un bo acompañamento de carnes de topdo tipo.
A poesía máis coñecida de Kavafis
pide que o camiño sexa longo,
pleno de aventuras,pleno de experiencias.
Aos Lestrigóns e aos Cíclopes,
ao irado Poseidón non temas:
nunca atoparás criaturas tales na túa ruta
se mantés o teu pensamento elevado,se unha
selecta emoción o teu corpo e espíritu elimina.
Aos Lestrigóns e aos Ciclopes,
ao feroz Poseidón non acharás.
Non,se non é a túa alma a que os alberga;
non, se non é ela a que chos mostra.
Pide que o camiño sexa longo.
Que sexan moitas as mañás de estío
que-con que pracer e ledicia!-
te conduzan a portos nunca vistos;
detente ante os mercados fenicios
e adquire as mellores mercancías,
madreperlas,corais,ámbar e ébano,
e toda sorte de perfumes sensuais,
tanta variedade deles como atopes;
vai a moitas cidades de Exipto
e aprende canto poidas dos seus sabios.
E leva sempre Ítaca na túa mente.
Ela é a túa mente,o teu destino.
Mais non apresures nunca a túa viaxe.
É mellor que dura moitos anos
e recales na illa sendo vello,
rico de canto acadaches no camiño,
sen agardar que Ítaca te enriqueza.
Ítaca xa che deu tan fermosa viaxe.
Sen ela,nunca emprenderías o camiño.
Que máis pode ofrecerche?
E se a atopas pobre ,non é que Ítaca te enganase.
Sabio como serás e con tanta experiencia
ben comprenderás o significado das Ítacas.
Choriátiki Saláta (ensalada de horta)
1 pepinillo en dados
1 cebola en aros
2 pementos verdes alongados en aros
olivas negras
200 gramos de queixo de ovella
alcaparras e ovo duro ( ó gusto)
aceite de oliva virxe.
vinagre
orégano
sal
pementa negra recén moída
** Aliña as hortalizas xa cortadas co vinagre, salpeméntaas e mistúraas ben. Adorna a ensalada cás olivas negras, o queixo de ovella, alcaparras e o ovo duro. Rocíao todo con aceite de oliva. Se queres, podes engadirlle unhas folliñas de perexil picado. Sírvea acompañada de pan branco tenro.
Aspasia

Cortesá nacida en Mileto, amante e logo muller de Pericles. Os inimigos deste acusarona de impiedade, pero el defendeuna e foi absolta polo Areçopago. Aristófanes satirizouna presentándoa como a principal inspiradora da política de Pericles. O seu exemplo impulsou un movento de emancipación feminina.
Orfeo

miércoles, 14 de enero de 2009
aRvAniTaKi

jueves, 11 de diciembre de 2008
Medusa
CURIOSIDADES ETIMOLÓXICAS

CURIOSIDADES DA ETIMOLOXÍA
COROMINAS DICCIONARIO DE ETIMOLOGÍA
martes, 9 de diciembre de 2008
Alimentación en Grecia
No sistema de valores elaborados polo grupo grego e romano, o primeiro elemento que diferencia o home civilizado dos animais e dos bárbaros é a comida en común : o home civilizado non come só por ter fame senón tamén para transformar o que é a hora de comer nun momento de socialidade , no que hai unha comunicación entre os membros : “ non se sentan á mesa para só comer senón para comer xuntos “ (Plutarco )
O banquete convertese no signo de identidade do grupo ben sexa familiares ou habitantes dunha cidade que se reúnen ó redor dunha mesa ca presenza física de todos os membros ,ou por unha representación simbólica.
Segundo estean ou non as mesas separadas, representaran unha diferencia de identidade entre os homes e as divinidades . Aínda que nun pasado mítico os homes e deuses comían na mesma mesa , o pecado e a culpa provocaron a separación desta costume de reunión mesturada co proceso de alimentación.
“ Historia de la alimentación “
Baixo a dirección de Jean-Louis Flandrin e Massimo Montanari
Edición :Trea , (páx.115,116 )
(Lorena Legaspi Rodríguez, MªJosé Penas Vázquez)