miércoles, 8 de octubre de 2014

MINOTAURO

Desde había moito tempo, Atenas estaba obrigada a entregar cada ano un tributo a Creta, que consistía no sacrificio de sete mozos e sete doncelas para seren devorados polo monstro chamado Minotauro, que tiña cabeza de touro e corpo de home, e nacera dos amores de Pasifae, esposa de Minos, cun touro branco. Minos encerrárao no Labirinto, construción complicada do arquitecto Dédalo, na que era fácil entrar pero practicamente imposibel sair. Teseo ofreceuse a ir. Unha vez alí, propuxo ao rei Minos que se daba acabado co monstro quedarían libres os catorce mozos e Atenas exenta do tributo. Minos aceptou a proposta.
  A principal preocupación de Teseo era o modo de sair do Labirinto e nisto entrou en xogo Ariadna, filla de Minos, que se namorou del e o axudou a se librar da morte no Labirinto ofrecéndolle un novelo de fío para que non se perdese no interior de aquel lugar. Teseo seguiu as instrucións de Ariadna, conseguiu matar o monstro e fuxir de Creta no seu barco xunto con Ariadna e o resto dos mozos que o acompañaran.
De regreso á súa patria, Teseo decidiu parar na illa de Naxos para recoller provisións e alí abandonou, sen explicación aparente, a Ariadna, que se quedara dormida. Cando espertou e se deu de conta do sucedido, chorou amargamente. Sen embargo, non moito tempo despois apareceu pola illa o deus Baco e namorouse dela. Ariadna correspondeu este amor e pouco despois casaron.
Teseo continuou a súa viaxe triunfal cara a Atenas, pero cometeu un tremendo erro. Dixéralle a seu pai que á volta da súa viaxe, sei saía vencedor naquela empresa, había izar unha bandeira branca en sinal de vitoria; en caso contrario, se perecese, regresaría a embarcación coa súa acostumada bandeira negra. Teseo esqueceu cambiar a bandeira, e seu pai, que veu desde unha torre como se acercaba o barco polo horizonte portando a bandeira negra, desconsolado, botouse ao mar e morreu. A ese mar que baña as costas de Grecia chámaselle desde entón mar Exeo.

Comentario e notas ao texto

Por Fátima Novo Díaz. 1º A BAC. 

Pasifae: hija de Helios y de la oceánide Perseis, se casó con Minos, rey de Creta y le dio muchos hijos antes de enamorarse del toro blanco que Poseidón le envió. Tuvo un hijo que era el Minotauro.

Dédalo: maestro y arquitecto de la corte de Minos. Construyó una vaca artificial para que Pasifae pudiera hacer el amor con el toro 

Teseo: mítico rey de Atenas, hijo de Etra y Egeo 

Ariadna: hija del rey Minos y Pasifae de Creta.

Baco: es el dios de la vendimia y el vino, inspirador de la locura ritual y el éxtasis.


Percorrido de Teseo:




No hay comentarios:

Publicar un comentario