miércoles, 7 de diciembre de 2011

Edipo

Anne - Catherine Vivet - Rémy. Edipo. Editorial: Akal

O libro relata as historias de Edipo, fillo de Layo e Yocasta, monarcas de Tebas. Un oráculo advirte a Layo que será asasinado polo seu propio fillo, e este intentando fuxir da maldición entrega ao seu fillo recén nacido a un pastor para que o abandone no monte. Este incumple co mandato e regalao a outro pastor que o vende ó rei de Corinto por unhas cantas monedas de ouro. Este adoptouno como fillo e educouno como tal.

Edipo medra na corte e é educado para ser o próximo rei da cidade, pero anos máis tarde descubre que é un fillo bastardo da parexa, polo que moi cabreado marcha en busca de novos lugares. Durante o camiño atopouse co seu pai lexítimo, Layo, ó que asesina confundíndoo cuns ladróns, cumplíndose a profecía.

Durante semanas transita polas montañas ata chegar a Tebas, cidade acosada por un monstro, a Esfinxe. O home que conseguira matar a este ser abominable con forma de león alado e cara de muller conseguiría casarse con Yocasta, é decir coa súa propia nai e conseguilo trono. Edipo consigue derrotar a fera mediante uns acertixos e toma a Yocasta como esposa. Este matrimonio é feliz durante moitos anos, descoñecendo que son nai e fillo. Pero Edipo descubre que foi él o que asasinou a seu pai e Yocasta ó enterarse de esto suicídase. Edipo anoxado consigo mismo quítase os ollos e abandoa o trono. Finalmente é desterrado da cidade e morre de forma tráxica.


Recomendo a lectura deste libro posto que é moi fácil de ler e explica de maneira moi sinxela como era a sociedade da época. Tamén o recomendo porque nos conta a capacidade dos homes para comunicarse cos deuses e viceversa, así coma a importancia dos oráculos naqueles tempos, que sempre se cumplían.

Alejandro Sánchez García.

No hay comentarios:

Publicar un comentario