101.
nosce te ipsum(Imperativo de Nosco “coñecer” + ac. Ego e de Ipse) Coñécete a ti mesmo. É
a tradución da famosa inscrición grega Γνόθι σεαυτόν, situada no frontispicio do templo de
Apolo en Delfos. Intentaba expresar que a sabiduría comeza polo coñecemento profundo
dun mesmo.
102.
nota bene(Imperativo de Noto “anotar” +adv. Bene “ben”)Anota ben, repara. Emprégase con
frecuencia en libros e publicacións para chamar a atención sobre algún tema. Abréviase N.B
103.
numerus clausus(do substantivo Numerus, -i + o adx. clausus,-a, -um “pechado”) Número
pechado, limitado. Úsase para indicar que unha institución acepta a un número limitado de
candidatos a formaren parte dela (p.ex. algunhas universidades).
104.
nunc et semper Agora e e sempre. Fragmento da oración cristiá coñecida como Gloria
Patri, et Filii, et Spiritui Sancto. Sicut erat in principio, et nunc etsemper, et in saecula
saeculorum, amen.) Refírese a algo que non cambia co paso do tempo.
105.
opere citato(do subs. Opus, -eris “obra” + o adx. citatus, -a, -um). Na obra citada.
Emprégase para non repetir o título dunha obra que xa foi citada con anterioridade.
Abréviase op. cit. ( e a continuación a páxina onde se citaba o título da obra)
106.
o tempora! o mores! ( dos subs. Tempus, -oris “tempo” + mos, moris “costume”) Oh tempos!
Oh costumes!. Frase pronunciada por Cicerón nasC atil in ar i as para referirse á corrupción
reinante no seu tempo. Emprégase para criticar os hábitos e costumes actuais por
contraposición a unha época anterior supostamente mellor.
107.
panem et circenses (ac. De panis, -is “pan” + ac. Pl. de circensis, -e “circense”) Pan e
circo, comida e diversións. Fragmento dun verso satírico do escritor Xuvenal (X, 81) que
aludía ao único que precisaba o vulgo inculto para estaren contentos e plegárense aos
manexos de quen ostentase o poder. Séguese a usar hoxe en día co mesmo valor.
108.
peccata minuta(do subs. Peccatus, -i “falta”+ o adx. Minutus, - a, -um “diminuto”). Faltas
pequenas. Úsase para referirse a pequenos erros sen importancia.
109 per accidens, por azar, de xeito fortuito, expresión empregada polos filósofos medievais en contraposición a per se por si mesmo, pola súa propia natureza para distinguir os feitos ou substancias esenciais daqueles cas pola súa propia natureza para distinguir os feitos ou substancias esenciais daqueles casuais ou fortuítos.
110.
per capita
(prep. Per+ ac.pl. de caput, -it is “cabeza”) Literalmente significa “por cabezas”. Úsase como tecnicismo da linguaxe financieira e estadística indicando a proporción que de algo corresponde por indivíduo. (ex. Renda per capita)
111.
per se vid. Supra 109
112. post data
(prep. Post + nom. Pl. de Datum, -I “ data, fecha”)
Despois da data. Antigamente a data poñíase ao final da carta para indicar cando fora rematada . É a anotación que se engade ao final dunha carta para mencionar algo que se esqueceu ou se descoñecía durante a redación da mesma.
113.
post mortem(prep. Post + ac. de mors, mortis “morte”).Despois da morte. (Ex. Rixidez post mortem)
114.
primus inter pares . Primeiro entre iguais. Dise de quen ten primacía pero non ten máis autoridade ca os demais.
115.
primum vivere, deinde philosopharePrimeiro vivir, despois filosofar. Expresión que advirte contra quenes se adican a teorizar sen ter en conta o cotián
116.
pro indiviso Sen dividir. Estado da propiedade dunha cousa cando pertence a varias persoas en común sen división entre as mesmas.
117.
quod natura non dat Salmantica non praestat. O que a natureza non dá, Salamanca non o presta. Emprégase para significar que quen carece dalgunha cualidade (como a intelixencia) non vai
solventar o problema acudindo á universidade
118.
quorum (xen. Pl. masc. do relativo qui)Literalmente significados cales. É o número de indivíduos presentes esixido para dar validez a un acordo, proposta ou votación.
119.
rara avisAve extraña. É unha persoa ou cousa con características pouco frecuentes.
120.
R.I.P. (requiescat in pace) Descanse en paz.Os romanos empregaban Sit tibi terra levis- que a terra che sexa leve, S.T.T.L.
121.
referendum( Xerundivo do verbo refero “consultar”) O que debe ser consultado. É o procedemento polo que unha proposta ou unha cuestión é sometida a voto popular.
122.
S.P.Q.R. (Senatus Populusque Romanus)Abreviatura de O Senado e o Pobo Romano. Era o emblema das lexións romanas e o nome oficial da República e do Imperio Romano.
123.
si vis pacem, para bellumSe queres a paz, prepara a guerra. Expresión que intenta demostrar que a mellor defensa é estar preparado para o ataque.
124.
sic transit gloria mundi Así pasa a gloria do mundo. A expresión refírese ao efímero da fama e os trunfos. Emprégase nas cerimonias de coración dos papas para lembrarlles que, a pesares de todo, non deixan de ser mortais.
125.
sine curaSen coidado, sen preocupacións. Refírese a un cargo político ou administrativo que trae aparellados privilexios e pouca ou ningunha obriga ou responsabilidade. Por extensión emprégase para calquera situación de uso abusivo e en proveito propio dalgún ben público
126.
sine dieSen día. Sen data ou prazo fixo. Emprégase sobre todo en refencia a un aprazamento.
127.
sit tibi terra levis (s.t.t.l)vid. supra 120
128.
sponte sua
(do posesivo fem. Sua+ o subs. Spons, spontis “vontade” ) Voluntariamente, por propia iniciativa ou vontade.
129.
statu quoNo estado en que. Indica que unha situación ou estado de cousas non debe variar polo momento
130.
strictu sensuEn sentido estricto ou restrinxido. Úsase para referirse a algo cun valor moi concreto por oposición a lato sensu (en sentido amplo)
131.
sub iudice
Baixo o xuíz. Refírese a un asunto pendente de resolución xudicial e, por extensión, calquera cuestión opinable ou suxeta a discusión.
132.
sui generisDo seu propio xénero. Refírese a algo con características propias, excepcionais ou moi peculiares xustiza. Frase do comediógrafo latino Terencio (He au t. 795) que indica que a aplicación da lei ao pé da letra ás veces pode converterse na maior forma de inxustiza.
134.
superavit O que sobra. Termo económico referido á diferencia favorable entre os ingresos e os gastos
135.
suum cuique (tribuere) A cada un o seu. Dar a cada un o que lle pertence. Foi unha das máximas do dereito romano no referente ao dereito individual. As outras eran honeste vivere (vivir honestamente) e
alterum non laedere (non facer mal ós outros)
136.
tamquam tabula rasaComa unha táboa rasa. Os romanos escribían en taboíñas de cera con un punzón de punta afilada nun extremo e unha especie de espátula no outro que servía para borrar (rasar) e volver a escribir de novo. A expresión emprégase para referirse a algo que está en branco, que se ignora ou tamén a algo que queremos que forme parte do pasado (facer tabula rasa de algo= facer borrón e conta nova)
137.
tempus fugit O tempo fuxe. Frase convertida en tópico literario que alude, do mesmo xeito ca o carpe diem, á fugacidade do tempo e á necesidade de aproveitalo.
138.
totum revolutum Todo revolto. Emprégase esta expresión para referirse a algo que está completamente desordeado, a algo caótico.
139.
tu quoque, fili mi Ti tamén, meu fillo. Célebre frase pronunciada por Xulio César cando viu que entre os conxurados para asasinalo estaba tamén o seu protexido Bruto. Hoxe úsase para indicar a ingratitude polos servicios recibidos
140.
ultimatum
(relacionado co superlativo de ultimus, -a, -um “último”)Termo que indica unha decisión ou un prazo definitivo que de non cumprirse, ten consecuencias negativas
141.
urbi et orbi(dat. de urbs “cidade”+ dat. de orbis “orbe, mundo”) Á cidade e ao mundo. Refírese á bendición que, con carácter xeral, dá o Papa durante o Nadal ou a Pascua. Lembra que para os romanos a cidade por antonomasia era Roma, logo a traducción sería “para Roma e para o resto do mundo”
142.
ut infra como abaixo
143.
ut supra Como enriba. Ambos termos (142 e 143) empréganse nos textos impresos para indicar algo xa dito anteriormente (ut supra) ou que se di máis adiante (ut infra). Serven para evitar repetición.
144.
Vni, vidi, vici. Cheguei, vin, vencín. Son as palabras que Xulio César mandou escribir nun cartel de autopropaganda polo seu fulgurante triundo na batalla do Ponto. Hoxe úsase para indicar a rapidez coa que se conseguiu algo.
145.
verba volant, scripta manentAs palabras voan, os escritos permanecen. Refírese á escasa fiabilidade das palabras, que as leva o vento, fronte á permanencia das cousas escritas
146.
verbi gratia(xen. de verbum, verbi “palabra”+ abl. de gratia, -ae “gracia”). Literalmente “pola gracia da palabra”. Abréviase env.gr. e equivale a “coma tal”, “por exemplo”
147.
vice versa(abl. de vicis “turno, vez” + abl. do participio perf. de vertere “volver, facer xirar”). Literalmente significa “coa vez cambiada”. Equivale ao noso ao revés, ao contrario.
148.
viva voce (abl. do adx. Vivus,- a, -um + abl. de vox, vocis) Con viva voz. Refírese a algo que é expresado oralmente ou tamén a algo que escoitamos en directo.
149.
vox populiA voz do pobo. Expresión empregada para referirse a un rumor ou opinión moi extendida e coñecida por todos