Mostrando entradas con la etiqueta Alimentación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alimentación. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de enero de 2009

Tzatziki

Ingredientes:

Un pepino pequeno, pelado e raiado.
2 iogures "gregos")
1 - 2 dentes de allo raiados.
2 culleradas de aneto (heneldo)
2 culleradas de aceite de oliva virxe extra.
Sal.

Preparación:

Pela o pepino e sácalle a parte interior (as pébedas). Rállao ou córtao en trozos pequenos. Escúrreo ben para que saque a auga

Mistura nunha cunca o iogur e o pepino. Engádelle o allo raiado, aneto, aceite e sal e remóveo ben.

Gárdao no frigorífico ata que vaias consumilo, como mínimo durante 30 min. Espolvorea a mistura de iogur con un pouco de aneto antes de servila.

O tzatiziki sóese servir como entrante e acompáñase con pan, pero tamén é un bo acompañamento de carnes de topdo tipo.

Choriátiki Saláta (ensalada de horta)

*ingredientes: 2-3 tomates en dados
1 pepinillo en dados
1 cebola en aros
2 pementos verdes alongados en aros
olivas negras
200 gramos de queixo de ovella
alcaparras e ovo duro ( ó gusto)
aceite de oliva virxe.
vinagre
orégano
sal
pementa negra recén moída

** Aliña as hortalizas xa cortadas co vinagre, salpeméntaas e mistúraas ben. Adorna a ensalada cás olivas negras, o queixo de ovella, alcaparras e o ovo duro. Rocíao todo con aceite de oliva. Se queres, podes engadirlle unhas folliñas de perexil picado. Sírvea acompañada de pan branco tenro.

martes, 9 de diciembre de 2008

Alimentación en Grecia

No sistema de valores elaborados polo grupo grego e romano, o primeiro elemento que diferencia o home civilizado dos animais e dos bárbaros é a comida en común : o home civilizado non come só por ter fame senón tamén para transformar o que é a hora de comer nun momento de socialidade , no que hai unha comunicación entre os membros : “ non se sentan á mesa para só comer senón para comer xuntos “ (Plutarco )

O banquete convertese no signo de identidade do grupo ben sexa familiares ou habitantes dunha cidade que se reúnen ó redor dunha mesa ca presenza física de todos os membros ,ou por unha representación simbólica.

Segundo estean ou non as mesas separadas, representaran unha diferencia de identidade entre os homes e as divinidades . Aínda que nun pasado mítico os homes e deuses comían na mesma mesa , o pecado e a culpa provocaron a separación desta costume de reunión mesturada co proceso de alimentación.


“ Historia de la alimentación “
Baixo a dirección de Jean-Louis Flandrin e Massimo Montanari
Edición :Trea , (páx.115,116 )

(Lorena Legaspi Rodríguez, MªJosé Penas Vázquez)