martes, 9 de diciembre de 2008

Alimentación en Grecia

No sistema de valores elaborados polo grupo grego e romano, o primeiro elemento que diferencia o home civilizado dos animais e dos bárbaros é a comida en común : o home civilizado non come só por ter fame senón tamén para transformar o que é a hora de comer nun momento de socialidade , no que hai unha comunicación entre os membros : “ non se sentan á mesa para só comer senón para comer xuntos “ (Plutarco )

O banquete convertese no signo de identidade do grupo ben sexa familiares ou habitantes dunha cidade que se reúnen ó redor dunha mesa ca presenza física de todos os membros ,ou por unha representación simbólica.

Segundo estean ou non as mesas separadas, representaran unha diferencia de identidade entre os homes e as divinidades . Aínda que nun pasado mítico os homes e deuses comían na mesma mesa , o pecado e a culpa provocaron a separación desta costume de reunión mesturada co proceso de alimentación.


“ Historia de la alimentación “
Baixo a dirección de Jean-Louis Flandrin e Massimo Montanari
Edición :Trea , (páx.115,116 )

(Lorena Legaspi Rodríguez, MªJosé Penas Vázquez)

No hay comentarios:

Publicar un comentario