Mostrando entradas con la etiqueta Personaxes gregos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Personaxes gregos. Mostrar todas las entradas

domingo, 1 de junio de 2014

lunes, 11 de octubre de 2010

Exeo


Atenas debía enviar un tributo ó rei Minos de Creta, que consistía no sacrificio de sete mozos e sete mozas, que serían devorados polo monstro Minotauro (fillo de Minos), e que foi unha condición imposta tras a expedición militar de Minos contra Atenas para vengar a morte do seu fillo Androgeo.

Teseo, fillo de Exeo, rei de Atenas, presentouse voluntariamente no terceiro envío para poder enfrentarse o Minotauro
. Exeo pideulle a Teseo que si voltaba vencedor, puxese velas brancas, para saber, que estaba vivo.

O chegar a Creta, a princesa Ariadna enamoruse del e axudulle a vencer. A axuda consistiu en darlle un nobelo de fío que éste atou por un dos extremos á porta do labirinto.

Así Teseo entrou no labirinto, matou ó Minotauro e saiu ca axuda do fío. Durante a viaxe de volta a Atenas desembarcaron na illa de Naxos, e de alí partiron sen Ariadna, que quedara durmida na illa. Teseo, pensando que ésta o abandonara, olvidouse de cambiar as velas.

Ó divisar o barco, o rei Exeo viu as velas negras, e crendo que o seu fillo morrera, suicidouse lanzándose ó mar, que a partir de entonces recibiu o nome de mar Exeo.


Pablo Fernández Macía 1º BAC

viernes, 30 de enero de 2009

Kavafis (1863-1933)


Konstantinos Petrou Kavafis naceu e morreu en Alexandría (Exipto). Grecia, significou para él a patria do seu corazón, e o grego, a súa lingua poética.
Na súa poesía defínense tres etapas:
* a primeira, en Alexandría onde de rapaz comezou a estudar grego, e na que escribiu a maior parte da súa producción lírica.
* a segunda, en Constantinopla: onde reflectiu a obsesión e o desexo atormentadao, entre a aceptación e o rexeitamento da súa homosexualidade.
* a terceira: durante a súa etapa de madurez na que estivo entre Alexandría e o Continente Europeo.

Foi nestes anos onde definiu o seu estilo e a súa linguaxe.
Debido a súa homosexualidade quedou relegado a un segundo plano, ata que, a mediados do século XX foi restituído ó lugar ó que lle correspondía: entre os grandes da literatura grega Contemporánea.

A súa poesía fala de sentimentos, de amor prohibido, de amor non correspondido, de amor á beleza, da vida e da morte..

Soubo transmitir de forma sinxela os pensamentos máis íntimos da razón e os máis escondidos sentimentos do corazón ; mais ó mesmo tempo soubo perfilar o desasosego e a paixón, con pulso firme e mestría.

Aspasia




Cortesá nacida en Mileto, amante e logo muller de Pericles. Os inimigos deste acusarona de impiedade, pero el defendeuna e foi absolta polo Areçopago. Aristófanes satirizouna presentándoa como a principal inspiradora da política de Pericles. O seu exemplo impulsou un movento de emancipación feminina.