viernes, 30 de enero de 2009

Tzatziki

Ingredientes:

Un pepino pequeno, pelado e raiado.
2 iogures "gregos")
1 - 2 dentes de allo raiados.
2 culleradas de aneto (heneldo)
2 culleradas de aceite de oliva virxe extra.
Sal.

Preparación:

Pela o pepino e sácalle a parte interior (as pébedas). Rállao ou córtao en trozos pequenos. Escúrreo ben para que saque a auga

Mistura nunha cunca o iogur e o pepino. Engádelle o allo raiado, aneto, aceite e sal e remóveo ben.

Gárdao no frigorífico ata que vaias consumilo, como mínimo durante 30 min. Espolvorea a mistura de iogur con un pouco de aneto antes de servila.

O tzatiziki sóese servir como entrante e acompáñase con pan, pero tamén é un bo acompañamento de carnes de topdo tipo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario