viernes, 30 de enero de 2009

A poesía máis coñecida de Kavafis

Ítaca

Cando comeces a túa viaxe a Ítaca
pide que o camiño sexa longo,
pleno de aventuras,pleno de experiencias.
Aos Lestrigóns e aos Cíclopes,
ao irado Poseidón non temas:
nunca atoparás criaturas tales na túa ruta
se mantés o teu pensamento elevado,se unha
selecta emoción o teu corpo e espíritu elimina.
Aos Lestrigóns e aos Ciclopes,
ao feroz Poseidón non acharás.
Non,se non é a túa alma a que os alberga;
non, se non é ela a que chos mostra.

Pide que o camiño sexa longo.
Que sexan moitas as mañás de estío
que-con que pracer e ledicia!-
te conduzan a portos nunca vistos;
detente ante os mercados fenicios
e adquire as mellores mercancías,
madreperlas,corais,ámbar e ébano,
e toda sorte de perfumes sensuais,
tanta variedade deles como atopes;
vai a moitas cidades de Exipto
e aprende canto poidas dos seus sabios.

E leva sempre Ítaca na túa mente.
Ela é a túa mente,o teu destino.
Mais non apresures nunca a túa viaxe.
É mellor que dura moitos anos
e recales na illa sendo vello,
rico de canto acadaches no camiño,
sen agardar que Ítaca te enriqueza.

Ítaca xa che deu tan fermosa viaxe.
Sen ela,nunca emprenderías o camiño.
Que máis pode ofrecerche?
E se a atopas pobre ,non é que Ítaca te enganase.
Sabio como serás e con tanta experiencia
ben comprenderás o significado das Ítacas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario