lunes, 23 de abril de 2012

Enigma latino 14


Buscamos a  máis antiga das cidades de Galicia. Unha vez que a atopes, responde a estas preguntas.

 Cantos anos ten esta cidade?

Quen foi o seu fundador?

Que significa o seu nome?

 Envía a túa resposta antes do venres ás 12.50 a gregofoz@gmail.com

Enigma grego 15



A que famoso científico da antiguidade representa a imaxe?

Que frase célebre insprira a imaxe?

Dinos algún invento do que fora responsible este gran personaxe.


Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do xoves ás 9 h.

martes, 17 de abril de 2012

Enigma latino 13


O máis famoso muro fortificado romano tiña unha lonxitude duns 193 km.

De que muro falamos e onde está situado?


Que emperador encargou a súa construcción?


Busca unha fotografía do seu estado actual.


Envía a túa resposta antes do venres ás 12 h. a gregofoz@gmail.com .

Enigma grego 14

Os antigos gregos non só foron grandes filósofos e literatos; adicáronse tamén con grande éxito á ciencia.

Houbo un personaxe que foi quen de medir con enorme precisión o perímetro da terra. Claro que contaba para a súa tarefa coa súa intelixencia e un aparello de última tecnoloxía: un pao.



Quen era este xenial científico e cando viviu?


Como conseguiu medir o perímetro da terra?



Envía a túa resposta antes do Xoves ás 9h. a gregofoz@gmail.com .

jueves, 12 de abril de 2012

Enigma latino 12.


Foi o maior orador de Roma, pero tivo un final tráxico.


A quen nos referimos?

Cal foi o seu final?

Como empezan, en latín, as súas Catilinarias?


Envía a túa resposta antes do martes ás 12.50 h. a gregofoz@gmail.com

Enigma grego 13.


Nunha ocasión o todopoderoso Alexandre Magno foi visitar a un pobre home que vivía nun tonel.


Quen era e a que se adicaba este curioso personaxe?

Que foi o único que lle pediu a Alexandre Magno ?


Envía a túa resposta antes do luns ás 12h. a gregofoz@gmail.com .