miércoles, 24 de octubre de 2012

2012. Enigma grego 4



 O mítico Ixión cometeu moitos erros na súa azarosa vida e Zeus castigouno con dureza para toda a eternidade. 

 Cal foi o crime e o castigo de Ixión?
 Cal foi o único momento de alivio que atopou Ixión no medio dos seus pesares?

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres ás 10.40 h.

viernes, 5 de octubre de 2012

2012. Enigma latino 3.


  A etimoloxía estuda a orixe das palabras. Cal é a etimoloxía da palabra traballo?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres ás 9.50 h.

2012. Enigma grego 3.


 Este camión que circula por Atenas indica na súa caixa que leva metáforas

Que significa literalmente metáforas para que figuren nun camión de mudanzas?

Envía a túa resposta antes do venres ás 10.40 a gregofoz@gmail.com.

miércoles, 3 de octubre de 2012

2012. Enigma 2. 4º ESO.


Os romanos eran moi aficionados a unha salsa chamada garum
Explica como se elaboraba.

Envía a túa resposta antes do luns ás 16.50 a gregofoz@gmail.com

lunes, 1 de octubre de 2012

2012. Enigma grego 2.

 O outro día limos na clase o castigo de Tántalo. Outros personaxes o acompañaban no Hades, entre eles o malvado Sísifo.

 1. Que castigo lle reservaron os deuses a Sísifo?
 2. Cal foi o crime que cometeu para merecer tal castigo?

 Envía  a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres ás 10.40.

2012. Enigma latino 2.

Un alumno da clase leva consigo un lema latino que identifica a unha famosa Universidade.

  1. Cal é o lema latino? Que significa? De que escrito procede este lema?
   2. A que Universidade identifica? 

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres 5 ás 9.50.

2012. Enigma latino 2.