martes, 29 de enero de 2013

2013. Enigma grego 4.


 
  O persa Jerjes, ante a difícil navegación que supuña bordear o Monte Athos, toma unha decisión drástica.

1. Que decide facer Jerjes?
2. Busca unha foto que mostre o que queda da súa obra.
2. A que viña a Grecia o soberano dos persas?

 Envía a túa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com.

2013.Enigma latino 4.




 Nerón, un emperador con pouco siso, fixo construir un enorme pazo no centro de Roma. Pero como resultou ser un gobernante moi odiado, o pazo foi derruido á súa morte.

- Como se chamaba ese fabuloso pazo?
- Que foi construido poucos despois enriba do pazo de Nerón?
- Busca en youtube unha reconstrucción deste fastuoso pazo.

 Envía a resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres (1º BAC) ou do Luns (4º ESO).

lunes, 28 de enero de 2013

Texto de Calgaco.

 

Aquí tedes un enlace ó Discurso de Calgaco e de Agrícola, pertencente ó Agricola de Tácito.

domingo, 20 de enero de 2013

2013. Enigma grego 3.

 
   Estrabón, un escritor grego que traballa para os romanos, fálanos das estrañas costumes alimenticias dos Callaicos.

  Que tres alimentos consumen os Callaicos que tan alleos resultan ó gusto romano? Cales son os equivalentes romanos?

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.

2013. Enigma latino 3.



 Nun texto latino coñecido como A cena de Trimalción, un novo rico un pouco hortera, ansioso por impresionar ós seus invitados, ofrécelles un banquete impresionante.

 Como resulta imposible comer o que no banquete se ofrece, escolle un plato da Gustatio, Prima mensa e Secunda mensa e envíamo a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres (1º BAC) ou luns (4º ESO).

 
Prosit !( bo proveito! en latín).

 P.D. No blog     De Re Coquinaria    atoparás boa información e unha adaptación dos platos latinos ó gusto actual.

jueves, 10 de enero de 2013

2013. Enigma latino 2.


                                                        Dúas cuestións relativas ós cartos:

1. Que relación ten co latín o inglés money?
2. De que palabra latina procede o termo diñeiro?

 Envía a túa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com.

2013. Enigma grego 2.


     O novo billete de 5 euros inclúe unha referencia ó mundo grego.

 Que imaxe relativa ó mundo grego figura no billete?
 Busca a imaxe orixinal na que se basea a que aparece no billete.

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.

sábado, 5 de enero de 2013

2013.Enigma latino 1.

                                           
                  Agora unha cuestión do calendario latino.

          O mes que vimos de rematar, Decembro, fai referencia a un número.

 Por que ese número non se corresponde co lugar que ese mismo mes ocupa no ano? A explicación está no calendario latino.  Investígao.

      Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres á hora de clase.

2013. Enigma grego 1.

                                
                 Comezamos o ano cunha cuestión relativa ó calendario heleno.

 Que nome recibía o mes que equivale ó noso Xaneiro?
 Que festas tiñan lugar neste mes?
 Que concursos levaban a cabo os gregos nestas festas?
 Indica o nome dalgún gañador destes concursos.

                          Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.