lunes, 25 de febrero de 2013
domingo, 24 de febrero de 2013
2013. Enigma latino 7.
Unha curiosidade romana: buscamos unha escultura do século I, dun diámetro de 1,75metros e que representa un rostro masculino con barba no que ollos, nariz e boca están perforados e ocos.
En torno a esta imaxe xurdiu unha curiosa lenda.
Buscamos:
1. Que imaxe é esta e a que deus representa?
2. Cal é a lenda que atrae a tantos turistas a visitala?
Enviade a vosa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres (1º BAC) OU DO LUNS (4º ESO).
2013. Enigma grego 7
O 30 de maio de 1941 un mozo grego de nome Manolis levou a cabo unha fazaña: roubou ... unha bandeira.
1. Quen era este mozo? Cal é o seu nome completo?
2. Que bandeira roubou?
3. Busca unha foto acerca deste suceso.
Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.
domingo, 17 de febrero de 2013
2013. Enigma latino 6.
Unha cuestión de etimoloxía.
1. De que palabras latinas proceden rostro e persoa?
2. Que significaban esas palabras en latín?
Envía a túa resposta antes do venres a gregofoz@gmail.com.
2013. Enigma grego 6.
A nave bélica por excelencia era a trirreme. Busca os seguintes datos acerca desta embarcación:
1. Cales eran as súas dimensións?
2. Cantos homes formaban a súa tripulación?
3. Que velocidade podía alcanzar a remo e a vela?
Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.
lunes, 4 de febrero de 2013
2013. Enigma grego 5.
Sócrates afronta con serenidade o seu fin.
1. Que fin tivo "o máis xusto dos homes"?
2. Quen descrebe minuciosamente ese momento?
Envía a túa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com
2013. Enigma latino 5.
Na época do imperio romano viviu unha terrible asasina a soldo.
Buscamos:
1. O nome deste funesto personaxe. (Pista: o seu nome latino significa langosta).
2. O método que empregaba para librarse das súas víctimas.
3. O nome do emperador ó que servía.
Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres (1º BAC) ou luns (4º ESO).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)