viernes, 22 de noviembre de 2013

9. Enigma grego 2013.

http://i0.wp.com/www.losmitosdeltoro.com/wp-content/uploads/2012/10/13-grecia-Zeus1.jpg


Zeus sinte unha dor tan fonda pola morte de Sarpedón que provoca un feito extraordinario.

1. Quen era este Sarpedón a quen tanto amaba Zeus?
 2. Que feito asombroso desencadena o deus supremo?

Envía a túa resposta antes da clase do xoves a gregofoz@gmail.com.

9. Enigma latino 2013.

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/8/8f/CumaeanSibylByMichelangelo.jpg 



 Investigamos nesta ocasión a unha famosa adiviña que vivía en Cumas. 

 1. Como se chamaba e cales eran os seus poderes?
 2. Cantos anos durou a súa vida?

Envía a túa resposta antes da clase do xoves (1º BAC) ou venres (ESO) a gregofoz@gmail.com.

domingo, 17 de noviembre de 2013

8 .Enigma latino 2013.




Investigamos esta semana acerca da orixe da palabra subasta

 1. De que expresión latina procede?
 2. Que significaba?

Envía a túa resposta antes do xoves (BAC) ou venres (ESO) a gregofoz@gmail.com

8. Enigma grego 2013.

 

Esta semana hai que investigar acerca da expresión:  "estar en brazos de Morfeo".

 1. Que significa?
 2. Explica de onde procede.

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves. 


lunes, 11 de noviembre de 2013

7. Enigma latino 2013.



A semana pasada deixamos a Eneas saindo de Troia co seu pai ás costas. O home, xa anciano, morreu pouco despois, pero o seu fillo conseguiu velo de novo.

 - como conseguiu Eneas volver ver o seu pai?
 - que obxecto lle permitiu chegar xunto a él? 

Envía a túa resposta antes da clase do xoves (1º BAC) ou venres (4º ESO) a gregofoz@gmail.com.

domingo, 10 de noviembre de 2013

7. Enigma grego 2013.



καὶ καταντᾷ εἰς τὴν Λωτοφάγων χώραν καὶ πέμπει τινὰς μαθησομένους τοὺς κατοικοῦντας ...

 Xa sei que non entendes o que aí pon, pero sí es quen de lelo en grego. Buscamos:

 - a quen se refire a palabra subliñada?
 - que relación tivo Ulises con ese pobo?

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves.

lunes, 4 de noviembre de 2013

PIX LAX

6. Enigma latino 2013.


 Buscamos nesta ocasión: 

- O nome do pai e da nai do troiano Eneas, antepasado mítico dos fundadores de Roma.
- Que desgraza lle ocurreu o pai de Eneas e por que?

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves (1º BAC) ou venres (4º ESO).

6. Enigma grego 2013.


Europa recibiu de Zeus varios regalos. Un deles era un ser xigantesco.

 - Quen era este estraño ser? Como se chamaba?
 - Cal era o seu punto feble?
 - Busca unha imaxe na que apareza.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves.