domingo, 26 de abril de 2015

23. Enigma grego 2014-15.


A oliveira máis vella do mundo está en Grecia e aínda produce olivas.

1. En que lugar de Grecia se atopa e que idade ten?
2. Indica algún mito grego relativo a esta árbore.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do xoves.

23. Enigma latino 2014-15.


 A castiñeira máis vella do mundo está en Italia, preto dun volcán,  e ten máis de 2.000 anos. 

1. Como se chama a árbore e onde está concretamente?
2. Indica algunha lenda mitolóxica relativa a ese volcán.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do martes.

domingo, 19 de abril de 2015

22. Enigma grego 2014-15



Algo se agocha detrás deste pergamino. Como se chama este curioso sistema de aproveitar o soporte de escritura? Busca algún exemplo.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do xoves.

22. Enigma latino 2014-15.


  Un dos personaxes máis sórdidos da historia de Roma seguramente é esta muller apodada en latín co nome deste pequeno animaliño.

 A que se adicaba esta muller? Indica algunha das súas vítimas.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres.

martes, 14 de abril de 2015

21. Enigma grego 2014-15.


Que monte asoma no centro de Atenas?
Como se chamaba outro monte cercano á cidade de onde os atenienses obtiñan unha famosa mármore?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.con antes do xoves.

21. Enigma latino 2014-15.



A relación de Cleopatra con Roma tivo un tráxico fin. Descríbeo.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail antes do venres.