Quirón
Grego e Latín no IES de Foz
lunes, 25 de abril de 2016
Enigma latino 19 2015-16
Esta impresionante cúpula corresponde ó chamado Panteón.
Onde se atopa e por quen foi construido?
Que altura ten a cúpula?
Que material foi utilizado para a súa construcción?
Envía a túa resposta antes do xoves a gregofoz@gmail.com
martes, 19 de abril de 2016
QUOMODO TE HABES HODIE?
domingo, 17 de abril de 2016
18. Enigma latino 2015-16.
Esta xigantesca estatua pertencía a un emperador romano.
De quen se trata?
Que dimensións ten?
Envía a túa resposta antes do xoves a gregofoz@gmail.com.
18. Enigma grego 2015-16.
Esta estatua de bronce é unha das contadas que conservamos da civilización grega.
De que estatua se trata?
Busca algunha outra imaxe de estatuas gregas de bronce.
Envía a túa resposta antes do venres a gregofoz@gmail.com
domingo, 10 de abril de 2016
17. Enigma grego 2015-16
Tras once largos anos de guerra regresou vivo á súa casa, onde o agradaba a morte ...
De quen estamos a falar?
Quen é o culpable da súa morte?
Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres.
17. Enigma latino 2015-16
¡Ben! Agora por fin podo empezar a vivir como un ser humán.
Esto exclamou un emperador romano cando puido inaugurar o seu novo pazo.
Quen era o emperador e como se chamou o seu pazo?
Que tamaño tiña?
Consérvase hoxe en día?
Envía a túa resposta antes do xoves a gregofoz@gmail.com
domingo, 3 de abril de 2016
16. Enigma latino 2015-16.
Foi o maior orador de Roma, pero tivo un final tráxico.
A quen nos referimos?
Cal foi o seu final?
Como empezan, en latín, as súas
Catilinarias
?
Envía a túa resposta antes da clase do xoves a
gregofoz@gmail.com
16. Enigma grego 2015-16.
Un sabio grego inventou, entre outras moitas cousas, un parafuso que leva o seu nome.
Como se chama o sabio e o seu invento?
Que utilidade tiña a súa invención?
Busca unha imaxe do seu invento.
Enviade a vosa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com.
Entradas más recientes
Entradas antiguas
Inicio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)