domingo, 30 de septiembre de 2018

Enigma de Grego 2. 2018-19



 Figura nesta ánfora a deusa protectora de Atenas. Trátase do agasallo que levaban os vencedores nas probas celebradas na máis importante festa de Atenas.

1. De que deusa se trata?
2. A quen lle regalaban as ánforas?
3. Que dimensión e que capacidade tiñan?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.con antes da clase do xoves.

Enigma de Latín 2. 2018-19


  Ainda que non o pareza, esta é unha carta escrita sobre madeira e enviada a un soldado que facía o servizo militar nun sitio moi apartado: o campamento de Vindolandia. 

  O remitente sauda o soldado e infórmao de que lle ha enviar varios pares de calcetíns e de sandalias para que aguante o duro clima do campamento.

 1. Onde está o campamento de Vindolandia?
 2. Que gran construción defende o campamento?

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do xoves (4º ESO) ou venres (1º BAC).

viernes, 21 de septiembre de 2018

Enigma de Grego 1. 2018-19.



 Que problema houbo entre  Aquiles, de pés lixeiros,  e a tartaruga?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com  antes da clase do xoves.

Enigma de Grego 1. 2018-19.


Enigma de Latín 1. 2018-19


O lago Averno que vedes na imaxe dá entrada a outro mundo.

1. Onde está o lago?
2. A que mundo dá acceso?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do xoves (4º ESO ) ou venres (1º BAC).