lunes, 8 de mayo de 2017
viernes, 5 de mayo de 2017
Teatro grego
Electra. Versión cinematográfica de Cacoyannis.
A asemblea das mulleres. Aristófanes.
As rás. Aristófanes.
lunes, 1 de mayo de 2017
12. Enigma grego. 2016-17
Que ten que ver un neumático con una neumonía?
O grego ten a solución.
Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.
13.Enigma latino 2016-17


Que é máis, ser mestre ou ser ministro?
O latín ten a resposta.
Envía a solución ó enigma a
gregofoz@gmail.con antes da clase do venres.
domingo, 23 de abril de 2017
11. Enigma grego 2016- 17.
Detrás deste atribulado grego figura a
súa bandeira.
Que simbolizan as nove franxas de branco
e azul?
Envía a túa resposta a gregofozgmail.com
antes da clase do venres.
11.Enigma latino 2016-17.

Este maki de cola anillada é
coñecido tamén por outro nome, que ten relación con unhas inquietantes figuras
da relixión popular romana
Que animal é e que ten
que ver con Roma?
Envía a túa resposta a
gregofoz@gmail.com antes do venres.
viernes, 7 de abril de 2017
10. Enigma latino 2016-17.
1. Pico de ave.
2. m. Cousa en punta, parecida ó pico da ave.
3. Cara
4. m. Mar. Espolón da nave.
5. m. desus. Frente dunha moldura.
6. m. ant. Fuciño, boca.
Que palabra responde a todas estas acepcións?
Cal é a súa etimoloxía?
Envía a túa resposta a gregofozgmail.com antes da clase do venres 21 de abril.
lunes, 3 de abril de 2017
9. Enigma grego. 2016-17.



Estas tres imaxes refírense a unha acción de Resistencia que un grego levou a cabo na Atenas de 1941.
1. Quen é e que fixo?
2. Canto anos ten hoxe en día o protagonista desta acción e a que se dedica?
Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.
9 Enigma latino 2016- 17.

Estas intalacións utilizábanse para fabricar unha famosísima salsa que encantaba ós romanos ainda que hoxe non poidamos entender moi ben por que lles gustaba tanto ...
Como se chamaba esta salsa?
Como se elaboraba?
Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do xoves( 4ºESO) ou venres (1º BAC).
lunes, 27 de marzo de 2017
8. Enigma latino 2016-17
Esta moeda é unha das máis caras do mundo, pero agora interésanos un detalle do Coliseo que figura no reverso da moeda.
Para que servían eses mástiles que sobresaen na parte superior?
Esta pregunta é voluntaria. Poderías cambiar a moeda por este Porsche e ainda sobrarían cartos. Canto sobraría?
Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.
martes, 21 de marzo de 2017
7. Enigma latino 2016-7
Na
cena de Trimalción ninguén pasou fame.
Escolle
un primer plato, segundo e postre desa famosa cena.
Envía
a túa resposta antes do venres a gregofoz@gmail.com
7. Enigma grego 2016-17.

Hecatombe é a palabra clave deste enigma. Buscamos:
- Que significados ten este termo.
- Cal é a súa etimoloxía.
- Na antiga Grecia hecatombe daba nome a un mes. Cal?Que ocurría nese mes?
Envía a túa reposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com
lunes, 13 de marzo de 2017
6. Enigma latino 2016-17.

O nome desta cidade marcada no mapa ten relación cun famoso personaxe romano.
Quen era este personaxe e cando viviu?
Que valores representa e por que?
Envía a túa resposta antes da clase do xoves ( ESO) ou venres (BAC) a gregofoz@gmail.com.
6. Enigma grego 2016-17
Estas plataformas tan modernas usábanse na Hélade hai 2500 anos.
Que traballo esixía o uso deste calzado tan pouco cómodo?
Como se chamaba?
Envía a túa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com.
miércoles, 8 de marzo de 2017
5. Enigma grego 2016-17.
Que
era o vellocino de ouro? Quen o quere conseguir? Que ten que facer
para iso?
Envía
a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.
5. Enigma latino 2016-17.
De que palabra latina ven o termo dixital?
Indica máis palabras coa mesma raiz.
Envía a túa resposta antes da clase do xoves a
gregofoz@gmail.com.
domingo, 19 de febrero de 2017
lunes, 13 de febrero de 2017
3. Enigma latino 2016-17.
Esto exclamou un emperador romano cando puido inaugurar o seu novo pazo.
Quen era o emperador e como se chamou o seu pazo?
Que tamaño tiña?
Consérvase hoxe en día?
Envía a túa resposta antes do xoves (4º ESO) ou venres (1º BAc) a gregofoz@gmail.com
viernes, 3 de febrero de 2017
domingo, 29 de enero de 2017
1. Enigma grego 2016-17
Es quen de dicir que pon no pé desta fotografía de Melina Mercuri? Se é así, ou xa sabes moito grego moderno ou es moi bo co tradutor de Google.
Se non é así, tes outra oportunidade: que obxectos de gran valor para o seu país reclamou Melina durante toda a súa vida?
Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres.
Platón. Fedón. A morte de Sócrates.
Despois de dicir isto, púxose en pé e dirixiuse a outro cuarto coa intención de lavarse, e Critón seguiulle, e a nós ordeounos que agardásemos alí. Así que quedamos charlando uns cos outros acerca do que se dixera antes, volvendo a examinalo, e tamén nos repetiamos que grande era a desgraza que nos alcanzaba entón, considerando que, como privados dun pai, ibamos a percorrer orfos a nosa vida futura.
Cando se lavou e lle trouxeron ao seu lado aos seus fillos -pois tiña dous pequenos e un xa grande- e viñeron as mulleres da súa familia, mandou retirarse ás mulleres e aos nenos, e el veu cara a nós. Entón era xa preto da posta do sol. Pois pasara un longo intre dentro.Veu recen lavado e sentou, e non se falaron moitas cousas tras isto,
Equécrates finalmente dixo: Conque, imos, Critón, que alguén traia o veleno, se está triturado e se non, que o triture o home.
Entón Critón, ao oírlle, fixo un aceno coa cabeza ao raparigo que estaba alí preto, e o raparigo saíu e, tras demorarse un bo intre, volveu co que ía darlle o veleno que levaba moído nunha copa. Ao ver Sócrates ao individuo, díxolle:
-Veña, amigo meu, xa que ti es entendido nisto, que hai que facer?
-Máis nada que bebelo e pasear -dixo- ata que notes un peso nas pernas, e deitarse logo. E así iso actuará.
Ao tempo tendeu a copa a Sócrates.
E el colleuna, e con canta serenidade, Equécrates, sen ningún estremecimiento e sen inmutarse na súa cor nin na súa cara, senón que, mirando de esguello, como afacía, díxolle ao home:
-Que me dis respecto da bebida esta para facer unha libación a algún deus? É posible ou non?
-Tan só preparamos, Sócrates -dixo-, a cantidade que cremos precisa para beber.
-Enténdoo -respondeu el-. Pero polo menos é posible, sen dúbida, e débese rogar aos deuses que este traslado de aquí ata alí resulte feliz. Isto é o que agora eu rogo, e que así sexa.
E tras dicir isto, alzou a copa e moi destra e serenamente apurouna dun grolo. E ata entón a maioría de nós, por gardar as conveniencias, fora capaz de conterse para non chorar, pero cando lle vimos beber, xa non; senón que, a min polo menos, con violencia e en tromba brotábanme as bágoas, de maneira que cubríndome comecei a sollozar, por min, porque non era por el, senón pola
miña propia desdicha: de que compañeiro quedaría privado! Xa Critón antes que eu, unha vez que non era capaz de conter o seu pranto, saíra. E Apolodoro non deixara de chorar en todo o tempo anterior, pero entón rompendo a gritar e a lamentarse conmoveu a todos os presentes a excepción do mesmo Sócrates.
El dixo: -Que facedes, sorprendentes amigos? Certamente por ese motivo despedín ás mulleres, para que non desentoaran. Porque oín que hai que morrer nun silencio ritual. Conque tede valor e mantede a calma.
E nós ao escoitalo avergoñámonos e contivemos o pranto. El paseou, e cando dixo que lle pesaban as pernas, tendeuse boca arriba, pois así llo aconsellou o individuo. E ao mesmo tempo o que lle daba o veleno examinábao colléndolle de intre en intre os pés e as pernas, e logo, apertándolle con forza o pé, preguntoulle se sentía, e el dixo que non. E despois disto fixo o mesmo cos seus pantorrillas, e ascendendo deste xeito díxonos que se ía quedando frío e ríxido. Mentres o tenteaba díxonos que, cando iso chegáselle ao corazón, entón extinguiríase.
Xa estaba case fria a zona do ventre cando se tapou, díxonos, e isto foi o último que falou:
-Critón, debémoslle un galo a Asclepio. Así que págallo e non o descoides.
-Así se fará -dixo Critón-. Mira se queres algo máis.
Pero a esta pregunta xa non respondeu, senón que ao pouco intre tivo un estremecimiento, e o home descubriuno, e el tiña ríxida a mirada.
Ao velo, Critón pechoulle a boca e os ollos.
Este foi o fin, Equécrates, que tivo o noso amigo, o mellor home, podemos dicir nós, dos que entón coñecemos, o máis intelixente e máis xusto.
miércoles, 28 de septiembre de 2016
jueves, 15 de septiembre de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















