miércoles, 22 de octubre de 2008


ARTE MINOICA . ESCULTURA.

Entre 1900 e 1920 os descubrimentos e excavacións de Arthur John Evans e outras misións estadounidenses,británicas e francesas, deron a coñecer en Micenas e en Creta unha civilización de bronce máis antiga e rica que a descuberta por Schliemann en Micenas (Peloponeso). En 1905 , Evans propuxo que unha civilación de cretense fora denominada minoica, en recordo do lexendario rey de Cnosos, Minos e propuxo unha cronoloxía absoluta :

Minoico primitivo I , II , III(h. -2500-h.-1950)

Minoico medio I , II , III (h.-1950- h.-1550)

Minoico último I , II , III (h. -1550-h. -1050 )

As figuras pequenas en bulto redondo , destinadas especialmente ó culto , presentan as mesmas características cá pintura : dinamismo no modelado , pintoresquismo ou hieratismo nas actitudes e na indumentaria.

O artista cretense demostrou, calquera que fose o material utilizado, (terracota, louza, marfil ou bronce) unha vitalidade sorprendente, que reaparecerá no arte grego : O Adorador de Tiliso , O Acróbata de Cnosos , A deusa das serpes... A escultura plasmouse tamén na talla de vasos de pedra de formas variadas e nos recipientes con decoracións plásticas.


Mª José Penas Vázquez.

martes, 21 de octubre de 2008



A CERÁMICA MINOICA

Os primeiros recipientes de pedra foron imitados máis tarde en arxila, con gran variedade de formas (xeométricas nun principio) e decoracións (alterando as cores do fondo). Os adornos enriquecéronse posteriormente con motivos vexetais e animais estilizados adaptándoos á forma do recipiente, ou enroscándose ó redor en insospeitadas curvas:lirios fantásticos, o símbolo real e divino da doble hacha... Os exemplares máis destacados de paredes moi finas son os xarros de estilo de Camarés.
Tamén son de gran interés as pinturas dos sarcófagos (Hagia Tríada).Tamén domina o "estilo de palacio", no que os temas naturalistas desenvólvense en esquemas puramente decorativos.
A industria dos vasos de pedra estivo moi difundida e os materiais que se empregaron con máis frecuencia foron a esteatita e o alabastro.Tamén fixeron pezas de bronce, que se encontraron en Haga Tríada, Mallia, Cnosos...


Nuria Seco Fernández


A ESCRITURA EN CRETA

No plan das escrituras do minoico distínguense actualmente tres series de documentos:

1º- A escritura mais antiga, chamada xeroglífica, atestiguada en Creta, entre os séculos XX e XVII a.c.. Non ten sido descifrada

2º- Unha escritura mais sinxela, chamada lineal A, atestiguada esencialmente en Creta, entre os séculos XVIII e XV a.c. Aínda non se le con seguridade a língua destes documentos, que continúa a ser enigmática.

3º- Outra escritura análoga, chamada lineal B, atestiguada entre os séculos XV e XIII a.c en Creta, en Cronos e, no continente grego, en Micenas e Pilos. Este sistema de escritura, basicamente un silabario, foi descifrado por Ventris e serviu para notar un dialecto grego moi arcaico, que se chamaba micénico.



Luzdivina Lorenzo Chaves

O PAZO DE CNOSOS

Foi a residencia real da dinastía minoica; construíuse cara o 1900 a.C nun lugar poboado xa dende o neolítico. Foi descuberto polo arqueólogo Sir Arthur Evans quen o relacionou co rei sacerdote Minos, polo que se denominou a esta cultura “minoica”.
No que a súa forma respecta, ten unha planta rectangular, un patio no centro, en torno a que se distribúen as estancias; no exterior non hai murallas, senón prácticas estancias abertas á natureza. É notable a columna minoica de fuste cilíndrico ou troncocónico de madeira, liso, con acanaladuras verticales cónicas e convexas.

Na construcción do pazo utilizouse a pedra, tanto en bloques regulares ou sillares, como en irregulares muros de mampostería e tamén na madeira formando unha estructura arquitrabada.


O seu interior estaba decorado con escenas cheas de utilidade e colorido alusivas a prácticas relixiosas, ás veces moi recreadas tras as restauracións.
En canto a súa función, había estancias destinadas á recepción e a distribución da mercadoría (con almacéns na parte baixa), outras a residencias , (na parte superior) e outras a mitos para os ritos.

Cara a 1700 o pazo sufriu as consecuencias dun terremoto, e reconstruíuse cun plan máis amplo e complexo. Na parte norte habilitouse unha área teatral ó aire libre con graderíos.



Lorena Legaspi Rodríguez
Silvia Pais Fanego




















A ARQUITECTURA MINOICA


A arquitectura minoica ten uns caracteres comúns, aínda que segundo o periodo cambian. Por exemplo, na etapa prepalacial (2800 a.C - 2000 a.C), os muros dos edificios construíanse con ladrillos sen cocer, pero pouco a pouco foron introducindo materiais mellores. Na época dos segundos palacios (1570 a.C - 1425 a.C) usábase a pedra, e para suxeitar teitos e pórticos utilizábanse columnas e pilastras.

No periodo prepalacial apareceron Festos, Cnosos e Mallia como núcleos urbanos. Estes representaban a vida artística e comercial da illa de Creta. Ainda así non chegaron a coñecer as fortificacións propias das Cícladas ou de Grecia. De todo o que construíron, destacan os pazos destes tres núcleos. Pódense comparar aos de Exipto ou Mesopotamia polas súas dimensións e riqueza. Os rasgos principais dos pazos eran:

- O patio central estaba rodeado polos departamentos reais.
- Reservaban un espacio para as habitacións da servidume.
- Os materiais empregados foron a madeira e o mármore.
- Existían numerosos frescos nas habitacións (técnica aprendida dos exipcios)
- Motivos humanos, vexetais e animais para decorar.



Eva Ramos López

martes, 7 de octubre de 2008

HELLAS

Posted by Picasa
Comezamos por algunhas imaxes da Grecia que estamos a estudiar: a Grecia antiga mais tamén a nova. Aparecen aquí Atenas, Delfos, Rodas, Santorini, Meteora, Micenas, O Pireo, Ítaca, Esparta. Sabes identificalas todas?
Selección de Sara, Lorena, Luzdivina, Silvia, Eva, Nuria e Suso.

lunes, 6 de octubre de 2008

QUIRON


O centauro Quirón, inmortal criatura con cabeza e peito de home e corpo de cabalo, foi un ser mítico excepcional. Fillo de Cronos e a ninfa Fílira, o seu aspecto debíase a que Cronos, para non levantar as sospeitas da súa esposa Rhea, fixera o amor coa ninfa baixo a forma de cabalo.

Pasou a vida nunha cova e tivo unha filla con Chariclo. Peleo, pai de Aquiles, foi o seu neto.
A súa fin foi cruel e dolorosa, pois durante unha visita de Heracles foi aseteado por accidente polo heroe. As dores que sufríu foron tan severas que decidíu regalarlle a súa inmortalidade a Prometeo. Trala súa morte, Zeus decidíu outorgarlle un lugar no firmamento como a constelación do Centauro.

Quirón distinguíase polo seu carácter civilizado, e foi un mestre cheo de sabiduría. Era un gran músico e dominaba tamén o campo da mediciña.

Antía Fernández, Suso Cortázar.