viernes, 30 de enero de 2009

Orfeo


Orfeo era fillo do rei de Tracia e da musa Calíope. Apolo deulle unha lira e, cantando ó mesmo tempo, podía conmover a tódolos seres e cousas. Este talento valeulle en moitas das súas aventuras.

Este casouse con Eurídice, pero o día da súa voda, unha serpe velenosa mordeuna no talón, provocandolle unha morte prematura. Orfeo, invadido por unha enorme coita, decide baixar ó inframundo para pedirlle a Hades e a Perséfone que lle devolvesen á súa esposa. Valéndose da súa lira e mailo seu canto, logrou conmovelos ós dous e tamén a tódolos seres malignos do Tártaro.

Hades permitiu que Orfeo levase á súa amada, pero impuxolle unha condición: non podía mirar a Eurídice ata pasar as portas do mundo dos mortos. Pero movido polo amor que sentía por ela e a impaciencia, mirouna e esta esvaeceuse. Orfeo intentou voltar para buscar á súa muller, pero Caronte, ó que antes convencera para atravesar na súa barca a lagoa Estixia, non o deixou pasar. Estivo sen probar alimento algún ás orillas do lago sete días.

Entristecido, volta a Tracia e decide vivir no bosque, sen compañía de ningunha muller, polo recordo que nel suscitaba calquera muller. Isto enfureceu ás Ménades, que asasinaron a Orfeo a pedradas. Nun primeiro momento, os animais intentaron defendelo (xa que os apaciguaba coa súa música), pero acabaron por dar sepultura ás partes mutiladas del. Só a cabeza e a lira caeron ó río Hebro e chegaron á illa de Lesbos, onde enterraron a primeira e gardaron a segunda nun templo (isto explica que desa illa saíran magníficos poetas e cantores)

Dise que Orfeo, máis ben a súa alma, acabou por atopar á súa amada no Elíseo.
Por Nuria Seco e Eva Ramos

No hay comentarios:

Publicar un comentario