domingo, 11 de abril de 2010

Por terras de Pericles


A verdade e que levabamos esperando o momento bastante tempo. Non dende que Suso nos dixo que tiña pensado planificar a viaxe, senón dende que en 1º de bacharelato se nos pasara a idea pola cabeza de aventurarnos polo mundo heleno. Mereceu a pena por duplicado.

Xa dende que vin dende a ventá do avión de Aegean aparecer ante os meus ollos o conxunto innumerable de illas gregas, e máis tarde a cidade de Atenas iluminada pola luz dun atardecer espléndido e cálido e bañada por un brillante Exeo, soupen que íamos ter unha semana inolvidable.

Aínda recordo a nosa primeira toma de contacto coa sociedade ateniense. Imaxinade catro rapazas que na súa vida oíran nin tres palabras seguidas de grego moderno loitando por entenderse cun camareiro. Divertidísimo ó fin e ó cabo. Adaptarse ós costumes, horarios, comidas, idioma... non nos resultou tan difícil en resumidas contas, e sen ter en conta un par de experiencias embarazosas (que viaxeiro inexperto non as tivo algunha vez?) , ó sétimo día xa parecíamos auténticas gregas con tan extraordinario dominio da arte do "efjaristó" e "parakaló".

Mención aparte merecen os lugares que visitamos. E para todos aqueles que prediquen que Grecia non é máis que " un montón de pedras aquí e acolá", eu dígolles que non saben o que se perden ó non saber sentir a maxia que cada lugar contén. Para min, o máis bonito foi saber apreciar o que evoca cada sitio, e non só sorprenderme ante a inmensidade do Partenón.

Ah, e sen esquecerme de recomendar Grecia a todos aqueles que sexan de "bo dente"!


Espero que vos gustara a miña pequena aportación viaxeira a este blog,

Un saúdo de Eva Ramos (2º BAC)

No hay comentarios:

Publicar un comentario