viernes, 21 de octubre de 2011

Enigma grego 3.

Nesta ocasión a cuestión é algo máis rebuscada. A ver se a resolves!

Buscamos a un desgraciado personaxe da mitoloxía grega que da nome a un síndrome consistente na alteración da conciencia e desorientación espacial e temporal. Claro que non é estraño que estivera este personaxe algo alterado logo de ser convertido en … porco pola feiticeira Circe.

Indica:

1. O nome do personaxe grego que buscamos e a obra literaria na que aparece.

2. Explica o que lle aconteceu a este personaxe e por que da nome a unha enfermidade.

Envía a túa resposta antes do Xoves 27 ás 9 h. a gregofoz@gmail.com




No hay comentarios:

Publicar un comentario