Autor: Robert Graves.
Editorial: Ariel.
Comecei a leer o libro dende a metade e lin moitas historias de personaxes da mitoloxía: Minos, Teseo, Heracles e Medea son os máis destacados.
O capítulo que vou resumir chámase "El nacimiento de Teseo".
Exeo tivo varias esposas, aínda que ningunha lle deu fillos. Un día que estaba de volta á casa en Corinto, encontrouse con Medea, que lle fixo xurar que a protexería dos seus inimigos a cambio de que ela lle procurase un fillo por arte de maxia. Despois de ir a Corintio, Exeo pasou por Trecén e atopouse cuns vellos compañeiros: Piteo e Trecén. Antes de que Piteo emprendera esa viaxe, el estaba en Pisa e Belerefonte pediralle a man da súa filla Etra. Pero a voda non puido celebrarse xa que Belerefonte foi desterrado. Piteo, influenciado por Medea e polos seus fetizos, emborrachou a Exeo e madouno para a cama con Etra. Pero Etra esa noite non só se deitou con Exeo se non que tamén con Posidón, que lle concedeu a Exeo a paternidade de calquera fillo nacido de Etra no curso dos próximos meses. Exeo unha vez que espertou dixolle a Etra que si lle nacia un fillo debería de cuidalo secretamente en Trecén. Exeo voltou a Atenas pero antes deixou escondida a súa espada e as súas sandalias debaixo dunha roca que tiña un furado.Si algunha vez o neno a movía, sería porque era fillo del. Despois da adolescencia do neno Etra levouno á dita roca e contoulle a historia do seu nacemento. Teseo finalmente moveu a roca.
O libro gustoume, recomendaria leelo pero con tempo xa que todo deseguido faise un tanto pesado. O que más me gustou deste libro foron as historias de Teseo, ademáis, moitas das historias que hai neste libro danse na clase. En resumidas contas é un libro interesante que todo o mundo ó que lle guste a mitoloxía grega debería de ler.
Sara Iglesias Martínez. 1ºA BAC
No hay comentarios:
Publicar un comentario