lunes, 12 de diciembre de 2011

ROBERT GRAVES: LA GUERRA DE TROYA



O libro conta de xeito moi completo o desenvolvemento da guerra de Troia, incluíndo a fundación da propia cidade e o conflito da mazá da discordia que deu pé á fuga da raíña Helena de Esparta con Paris. Tamén narra como foi a viaxe dos gregos ata cegar ao seu destino, guiados polos consellos de Calcante, a quen os deuses mesmos lle contaban o futuro, aínda que se comenta nunha parte da historia que se este non estaba inspirado tampouco tiña reparo en facer conxuncións ao azar.

Porén, a obra céntrase principalmente nos anos finais da guerra, onde participan activamente todos os deuses, e especialmente na coñecida estratexia do cabalo de madeira, que lles deu a victoria aos gregos.

Despois da guerra e do triunfo grego sobre Troia, o argumento xira en torno a Ulises e as súas aventuras (o seu encontro con Circe, o momento no que escoita o canto das sereas…) ata cegar de novo a Ítaca, onde reina ata a súa morte.

OPINIÓN PERSOAL:

O libro en xeral gustoume bastante, porque non conta só o desenvolvemento da guerra, senón que fala das causas e comenta un pouco como é a vida dos guerreiros despois da victoria.

O peor que podo dicir del é que chama a todos os personaxes que interveñen polo nome, os cales non son moi comúns, polo que ás veces non sabía moi ben a quen se estaba referindo o autor, pero de todos modos eu recomendaríao.


Elena García Anello



No hay comentarios:

Publicar un comentario