domingo, 3 de marzo de 2013

FOZ. EQUIPO REVELACIÓN NO PARLAMENTO XOVE

 Foz, equipo revelación.


  Cun nivel de execución sobresaínte, o IES de Foz quedou segundo (97,25 puntos) Debido a isto, o equipo da Mariña no convertiuse no "grupo revelación" xa que, a pesares de ser o primeiro ano que competía, quedaron a un escaso punto e medio de distancia do veterano Becerreá. Pola súa banda, o Divina Pastora é a única representación ourensá nos encontros que se celebrarán no hemiciclo do Parlamento de Galicia o vindeiro 6 de abril. EQUIPOS FINALISTAS Tal e como establece o Sistema de Competición, son 8 os equipos que pasan á final. Así, institutos históricos coma o IES Laxeiro de Lalín ou o IES a Pinguela de Monforte tamén se fixeron o seu oco nos escanos da cámara galega (cos postos 4º e 7º respectivamente) mais as "novas xeracións" veñen apretando moi forte e, centros que participaban por segunda vez coma o IES Virxe do Mar de Noia 2, o IES Valle Inclán de Pontevedra e o IES de Fene (5º, 6º e 8º respectivamente) tamén disputarán os Debates de Cuartos de Final. Inmediatamente por debaixo deles, empatados a puntos, situáronse o IES Montecastelo de Burela e o IES Virxe do Mar 1. Pero non acaba aquí o capítulo de emocións no PX´13. Eran as 20:20 cando Cristóbal Ramírez, en representación dos membros do xurado, manifestou a "enorme dificultade" do equipo que representaba para citar tan só dous nomes como mellores oradores/as tal e como tiña establecido a organización e indicou que había polo menos seis persoas merecentes deste distintivo: Sara (do IES Virxe do Mar), Serxio (Col. Div. Pastora), Daniel (Col. Galén de Lugo), Pablo Casas (IES a Pinguela), María Fontal (IES Becerreá), Alejandro e Iria (IES Foz). Finalmente, trala petición dos membros do xurado a organización concedeu a licenza de nomear a tres persoas ante o cal os primeiros escolleron a Daniel, María Fontal e Iria Braña. ALTÍSIMO NIVEL Dende a organización quíxose deixar constancia do notorio aumento de nivel dos centros participantes edición tras edición e constatan a cada vez máis numerosa presenza de "brillantes oradores". Manifestan a súa profunda satisfacción de que, en só catro edicións, se consolide o aumento exponencial de participantes convertindo a Galicia na primeira Comunidade en número de equipos, con 56 entre as etapas de ESO e Bacharelato nas fases de formación e competición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario