Ante todo, noraboa aos oito equipos por ter chegado á final. Disfrutamos moito co nivel que vimos nos debates do pasado sábado.
Xusto no momento en que tiñamos que publicar o tema para a final, o
servidor da web do PX´13 está colapsado. Así pois, volo remito por
correo.
Como veredes, quixemos cambiar radicalmente de rexistro coa
formulación do tema. Adeus a redes sociais, consumo, iPhone, Inditex...
A Sociedade Española de Quirurxía Plástica informa que cada ano
se realizan en España unhas 400.000 operacións de quirurxía estética,
das cales se estima que entorno a 40.000 se executan en menores de
idade. Esta é, ademáis, unha tendencia crecente cuns valores de
incremento anual que oscilan entre o 5% e o 10%. Ao mesmo tempo, seguen a
estar moi presentes na sociedade trastornos derivados deste "culto ao
corpo" coma a anorexia, bulimia, vigorexia, tanorexia...
Pola contra, o Instituto Andaluz da Xuventude informa nun dos
seus últimos estudos que cada vez é máis crecente entre a xuventude a
concienciación pola formación académica e a súa importancia no
desenvolvemento profesional; o feito é que o 70% dos mozos andaluces
identifican a formación coma un factor primordial, dato que se duplicou
dende 2007.
Con esta información riba da mesa, a organización do PX
considera interesante analizar os valores sociais que imperan neste eido
e propón como tema de debate a seguinte cuestión: ESTÉTICA E CULTO AO
CORPO: A SOCIEDADE VALÓRANOS MÁIS POLO QUE SOMOS OU POLO QUE
APARENTAMOS?
A postura A FAVOR corresponderase coa tese "A sociedade valóranos
máis polo que somos" e a postura EN CONTRA "A Sociedade valóranos máis
polo que aparentamos".
Nada máis polo de agora! Comeza a final!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario