martes, 28 de mayo de 2013

2013. Enigma grego 11.


Como ben sabedes, no ano 429 a. C. unha terrible peste abatiuse sobre a cidade de Atenas. O historiador Tucídides sufriuna e sobreviviu; deixounos un relato acerca da enfermidade. Actualmente un grupo de científicos ven de publicar no 'International Journal of Infectious Diseases' un estudio que propón unha nova teoría acerca da verdaeira natureza da enfermidade.

 Buscamos: 

1. A descripción que fai Tucídides da enfermidade.
2. A hipótese dos científicos actuais.

  

 Envía a túa resposta antes das clases do VENRES (1º BAC)  ou luns (4ºESO) a gregofoz@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario