domingo, 19 de enero de 2014

13. Enigma grego e latino 2014.

 


   En breve comeza o concurso ODISEA 2014 e, para practicar, propoño que respondades a estas preguntas que fixeron os encargados do concurso en anos pasados. Se sodes quen de responder ben, estades preparados. Recordade que debedes responder cunha soa palabra a cada cuestión. 

  Se tedes dúbidas, podo dar algunha pista...

1. En latín, en nominativo plural, xogo de estratexia semellante ó xadrez, consistente en facer avanzar as pezas segundo certas regras.

2. En Grecia: sacrificio de cen bois.

3. En latín, en nominativo plural, escravos encargados das pompas fúnebres que levaban a cabo toda a cerimonia dos funerais.

       Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres (ESO) ou xoves (BAC).

No hay comentarios:

Publicar un comentario