viernes, 6 de junio de 2014

Construcción romana. As termas.



As termas romanas son recintos públicos destinados ao baño da poboación romana. Estes eran baños públicos onde tamén se podían practicar actividades lúdicas e ximnásticas. Eran tamén lugares de reunión aos que a xente podía acudir , incluso cidadáns romanos que carecían de baño propio nas súas casas, como escravos ou pebleos. As veces os emperadores chegaban a conceder baños gratuítos para a poboación.

A orixe das termas romanas remontase á Antiga Grecia, pois a finais do século V a.C as estancias de baño dos ximnasios helenos perfeccionaronse , dando lugar a infraestructuras moito mais complexas que podían destinarse ao baño con auga quente, templada ou fría. Aparte de bañarse , os que se atopaban nas termas podían disfrutar de coidados medicinais, masaxes ou exercicios ximnásticos. En relación ao nome destes complexos adicados ao baño e aos coidados persoais, procede dos baños que construíu Agripina no ano 25 d.C, os cales, decidiu mellorar o estravagante emperador Nerón, que debido ao odio que existía a este, foron derrubados trala súa morte. As primeiras termas de caractes monumental, foron as que iniciou o famoso emperador Domiciano, as cales terminou o seu sucesor Trajano, as cales foron ampliamente superadas polas termas de Carcalla. O uso das termas xeneralizariase no sećulo I a.C ao descubrirse un sofisticado sistema para quentar a auga e distribuir o aire quente.

Nas termas podían coincidir xentes de calquer estatus social, chegando a coincidir emperadores con plebeos. Pola contra os homes e mulleres non podían coincidir, motivo polo cal, existían distintos departamentos para homes e mulleres ou un horario para homes e outro para mulleres. Tan só en ocasións contadas, puideron coincidir homes e mulleres por desexo do emperador.


Uxío Eduardo Fernández Corbelle 4ºESO A 

No hay comentarios:

Publicar un comentario