viernes, 6 de junio de 2014

Construcción romana.Circo romano


 O circo romano era unha das intalacións lúdicas máis importantes da antiga Roma. Era un recinto alargado de forma oval.

 No centro, rodeado por unhas gradas xeralmete de pedra, estaba a area partida a metade por un baixo muro de pedra aislado e coronoado con estatuas e outros ornamentos. Este muro formaba duas pistas por onde corrian os cabalos .En cada un dos extremos da espiña (así se chamaba ese muro) había un pilar cónico denominado meta.

Un dos circos mais importante foi o Circo Máximo  (Circus Maximus) que estaba situado no centro da cidade de Roma .

 Foi o circo máis grande da antiga Roma:  621 m de lonxitude e 118 m de anchura. As gradas tiñan capacidade para uns 250.000 espectadores; na pista cabian 12 carros.
Deste circo so se conserva a pista de carreiras, hoxe cuberta de herba, a espiña e algunhas verxas de saida. A maioría das pedras utilizadas para facer este circo utilizáronse mais tarde para facer outros edificios.
                                                                               SUSANA PÉREZ FERNÁNDEZ
4º A ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario