viernes, 6 de junio de 2014

Construcción romana. Templo.


 O templo romano era un lugar para e culto que se facía na antiga Roma aos deuses. Dende o estudo da arquitectura romana coñécese que este tipo de templo foi orixinario das ideas conxuntas entre os templos etruscos e os gregos, con planta rectangular.

 Unha parte importante dos templos era a cella que era unha habitación que contiña a imaxe que representa a deidade particular venerada nun templo. Ademais a cella podía ter unha mesa ou plinto para recibir ofrendas votivas. As ofrendas acumuladas fixeron dos templos romanos e gregos virtuais tesouros e moitos deles foron usados como tesouros públicos durante a antigüidade.

Fátima Novo Díaz.
4ºA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario