miércoles, 15 de octubre de 2014

Metamorfosis




-Título: Metamorfosis
-Autor: Ovidio
-Adaptación: Agustín Sánchez Aguilar
-Editorial: Vicens Vives

QUE LIN?
 Eu lin todo o libro. Trátase dunha obra na que se tratan lendas grecolatinas que tratan temas como a formación do mundo, a vinganza dos deuses...

RESUMO LENDA “EL DILUVIO”:

 Un día Xúpiter convocou a todos os deuses no seu pazo do Olimpo para anunciárlles que ia  destruír a humanidade, pois o día anterior baixara para ver como se comportaba dende cerca, e o Rei Licarón intentara darlle de cear a carne dun inocente neno.

  Os deuses non vían nin razoable nin xusta esa decisión, polo que trataron de convencelo para que cambiase de opinión; e ao final conseguiron que éste, despois de acabar coa humanidade, volvese a repoboar a Terra. E isto fixóo a través de Decaulión (fillo de Prometeo) e da súa muller que, tras escoitar as advertencias que Prometeo lles dera, construíron unha barca, e foron os únicos supervivientes xunto cos animais mariños do diluvio que Xúpiter enviara como castigo.

 Ao verse tan sós e sen esperanza de poder ter fillos para repoboar a Terra (pois xa tiñan unha idade bastante avanzada) foron rezarlle á deusa Temis (deusa da xustiza) que tras moito facérlles esperar lles contou que podían repoboar o mundo se lanzaban as súas costas pedras (os osos das súas nais). E así o fixeron, reconstruíndo así a humanidade perdida.

VALORACIÓN PERSOAL:

 Este libro gutoúme moito, porque fala da cultura grecolatina, a través das lendas nas que crían, , e ese é un tema que me interesa moito. En concreto as miñas dúas lendas preferidas son:

-”El Diluvio”: porque fala de como a nosa mala actitude nos pode acarrear malas consecuencias e aos que a teñen boa, obsequios.

- “A Estatua de Pigmalión”: porque fala de como ás veces os teus soños se poden facer realidade, por moi inalcanzables que os vexas.


María Iglesias Saá

1º A BAC

No hay comentarios:

Publicar un comentario