lunes, 27 de noviembre de 2017

O castigo de Heracles


Hera, ofendida polos excesos de Heracles, toleouno (…) Éste, tomando por inimigos a seis dos seus propios fillos, matounos e arroxou os seus corpos ao lume. Cando Heracles recobrou a razón encerrouse nunha habitación escura durante varios días, evitando toda comunicación con seres humanos e, despois de ser purificado polo rei Tespio, foi a Delfos, para preguntar que debía facer.

  A Pitonisa aconselloulle que residise en Tirinto, servise a Euristeo durante doce anos e realizase os traballos que lle impuxese, en compensación polo cal se lle concedería a inmortalidade. Ao oír isto, Heracles sumiuse nunha fonda desesperación, pois aborrecía servir a un home ao que consideraba moi inferior a el, pero temía opoñerse á vontade do seu pai Zeus. 

 Moitos amigos acudiron a consolalo  na súa angustia e, por fin, cando o transcurso do tempo aliviara algo a súa dor, púxose a disposición de Euristeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario