O rapto de Europa.
Zeus viu a Europa, princesa fenicia, collendo flores coas súas doncelas á beira do
mar e transformouse en touro para a seducir. A princesa, sen sospeitar nada,
subiu sobre o seu lombo; o touro mergullouse de repente no mar e levouna
cruzando as ondas ata Creta. Da súa unión naceron Minos, Radamantis e Sarpedón.
Radamantis, rei de
Creta moi respectado pola súa prudencia, foi destronado por Minos, que para
probar o seu dereito ao trono, coa axuda de Poseidón, fixo saír do mar un touro magnífico polo que Pasifae,
a súa esposa, concibiu unha paixón culpable. O froito desta monstruosa relación
foi o Minotauro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario