jueves, 25 de enero de 2018

Argumento da Eneida









 Eneas foxe de Troia cando a cidade é tomada polo exército aqueo. Van con el o seu pai Anquises e o seu fillo Ascanio ou Iulo. Ante a confusión da fuga Eneas perde a súa muller Creúsa, polo que regresa e a chama entre as ruínas da cidade. Creusa preséntase en forma de aparición e pídelle que non verta máis bágoas por ela, xa que o destino lle ten asignada outra consorte de sangue real.

  Xuno, esposa de Xúpiter, rencorosa aínda con toda a estirpe troiana, trata de desviar a frota de sobreviventes do seu destino inevitable: Italia.​

 As peregrinacións de Eneas duran sete anos, ata que é acollido no reino de Cartago, gobernado por Dido . Venus e Cupido fan que Dido se namore perdidamente de Eneas e, tras a partida deste por orde de Xúpiter, quítase a vida. Maldice antes a toda a estirpe vindeira de Eneas e clama polo xurdimento dun heroe vengador: desta forma, créase o cadro que xustifica míticamente a eterna inimizade entre dous pobos irmáns, o de Cartago e o de Roma, que conduciría ás guerras púnicas.

 De camiño a Italia, a Eneas aparéceselle a alma do seu pai Anquises e pídelle que vaia a velo ao Averno: Eneas cede e, acompañado da Sibila de Cumas, percorre os reinos de Plutón. Anquises móstralle toda a gloria e a pompa da súa futura estirpe: os romanos.

 Chegados por fin os troianos a Italia, o rei Latino recíbeos pacíficamente e, lembrando que unha antiga profecía dicía que a súa filla Lavinia casaría cun estranxeiro, decide aliarse con Eneas e darlle a Lavinia por esposa.
Turno, rei dos rútulos e pretendente de Lavinia, declara a guerra a Eneas. Os dous exércitos adquiren aliados e enfróntanse fieramente, axudados os troianos por Venus e os rútulos por Juno. Prodúcense mortes en ambos os bandos e, finalmente, Eneas mata a Turno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario