sábado, 13 de enero de 2018

As nosas nornas

 “As nosas normas” é o título da última actividade relacionada cos textos instrutivos que traballamos en Lingua Galega nos grupos de 1º ESO.

 Conversamos na aula sobre a necesidade de propoñer e consensuar unha serie de consellos ou normas para evitar conflitos ou ben, unha vez xerados, para resolvelos sen pelexar.

 O alumnado organizouse en grupos pequenos que elaboraron as súas propostas. Nunha segunda fase puxéronse en común todas as aportacións para, finalmente, escolleren como normas comúns  aquelas que contaron cun apoio unánime.


 Un mural en cada aula recolle o resultado da actividade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario