viernes, 25 de mayo de 2018

Luciano de Samósata




Foi un home que viveu no século II d.C. que se dedicou a escribir en grego, aínda que a súa orixe era siria.  
Precursor na escritura humorística é encadrado na chamada Segunda sofística.

Entre as súas obras destaca o “Diálogo dos mortos” , unha crítica ás divinidades e aos personaxes famosos. Nela satirízase o cinismo de personaxes como Hermes e Caronte, aos cales se describe como vulgares traballadores. Tamén aparecen outros célebres personaxes da mitoloxía grega, como Aquiles, Helena e Menipo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario