domingo, 13 de enero de 2019

Enigma latino 12. 2018-19


A palabra que buscamos significa  "médico" e refírese a un famoso personaxe da antigüidade.

1. Que palabra buscamos?
2. Cando viviu o personaxe ó que nos referimos e que fixo? 

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves (4º ESO) ou venres ( BAC).

1 comentario:

  1. A palabra que buscamos é "galeno".
    Galeno foi un home que viveu no século II d.C. e que, tras instruírse no campo da medicina, especialmente en anatomía, converteuse nun reputado doutor da época e chegou a traballar na Corte. O gran prestixio do que gozou debeuse, en boa medida, á súa gran aportación literaria, con máis de 400 textos. Entre os aportes de Galeno á medicina están a demostración de como diversos músculos son controlados pola médula espiñal, a demostración das función do ril e da vexiga e foi precursor en métodos de conservación e preparación de fármacos, base da actual farmacia galénica.

    Carme de Alonso Rodríguez

    ResponderEliminar