[…] Cando o rei Latino oíu que todos aqueles homes eran troianos, que o seu xefe Eneas era fillo de Anquises e Venus, e que, exiliados da súa terra tras ser incendiada, buscaban un lugar para fundar unha cidade, quedou impresionado pola nobreza daquel pobo e do seu xefe, e polo seu ánimo, disposto tanto para a guerra como para a paz,. Entón, estendéndolle a man, selou un pacto de futura amizade.
[…] Latino recibiu a Eneas como hóspede na súa casa e, ante o altar dos seus deuses, entregoulle á súa filla en matrimonio. […] Fundan unha cidade; Eneas chámaa Lavinio polo nome da súa esposa, Lavinia. Pronto houbo descendencia do novo matrimonio, un home, ao que os seus pais puxeron o nome de Ascanio. […] Ao crecer a poboación de Lavinio, Ascanio deixou á súa nai esta cidade florecente e próspera, e el mesmo fundou outra nova aos pés do monte Albano que recibiu o nome de Alba Longa.
[…] O seus descendentes procrearon a Numítor e Amulio, que acordaron turnarse no goberno da cidade. Pero Numitor, que era o maior, acaparou o reino despois de destronar a Numítor, e engadiu a este crime outro máis: eliminou a descendencia masculina do seu irmán e á súa sobriña Rea Silvia, co pretexto de honrala, elixiuna vestal e con iso quitoulle a esperanza de ser nai mediante a perpetua virxindade.
[…] Mais ocorreu que Rea Silvia foi violada e deu a luz dous fillos xemelgos e, ben porque así o crese, ben por quedar exculpada ao ter un deus como autor da súa culpa, atribuíu a Marte aquela descendencia dubidosa. Pero nin os deuses nin os homes librárona nin a ela nin aos seus fillos da crueldade do rei: apresou e encadeou á vestal e mandou que botasen ao río aos seus dous fillos. Pero por unha casualidade disposta polos deuses, o Tíber non era accesible e os nenos foron arroxados á charca máis próxima, cumprindo así o mandato do rei.
[…] Segundo a tradición unha loba sedienta, atraída polo pranto dos nenos, baixou das montañas próximas e empezou a aleitalos . Tempo despois o pastor maior dos rabaños do rei —din que se chamaba Fáustulo— atopounos.
Nados e criados desta forma, tan pronto como se fixeron maiores, sen descoidar os seus deberes co gando e o cortello, percorrían os montes cazando. Así se fortalecían nos seus corpos e espíritos e facían fronte non só ás feras, senón que tamén atacaban aos ladróns cargados de botín e, como repartían o roubado entre os pastores, aumentaban cada día o grupo de mozos que os frecuentaba
[…] Cando se enteran da sús verdadeira orixe, Rómulo e Remo devolven o trono de Alba Longa a Numítor e deciden fundar unha cidade no mesmo lugar en que foran abandonados e criados. […] Como eran xemelgos e non era posible decidir quen sería o rei baseándose na idade, encomendaron ós deuses que designasen, por medio de agoiros, ao que daría nome á nova cidade e ao que a gobernase.
[…] Dise que foi Remo o primeiro que recibiu os agoiros, ao ver a seis voitres. E cando terminaba de anuncialo, Rómulo viu doce. Entón cada irmán foi proclamado rei polos seus partidarios, baseándose os uns na prioridade e os outros no número. A ira converteu en ensanguentado combate aquel altercado e na loita caeu morto Remo. Segundo a tradición máis difundida, Remo, para burlarse do seu irmán, saltou as murallas da nova cidade, que foran construídas por Rómulo. Entón este encolerizado matouno, mentres lle increpaba con estas palabras: «Así morra en diante todo aquel que traspase as miñas murallas». Quedando só Rómulo, a nova cidade recibiu o nome do seu fundador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario