domingo, 15 de marzo de 2020

Actividades da 1ª semana


 Patientes vincunt!

  Ola a tod@s, usaremos este blog para continuar traballando neste tempo de obrigada reclusión.

 Na barra lateral hai un apartado dedicado a cada curso, cunhas actividades de repaso para que reforcedes o que sabedes. Sede responsables, e aparte de quedar na casa, traballade algo, especialmente os de 2º de BAC (pero tamén os demais).

 Se tedes algunha dúbida ou queredes mais traballo, podedes facer dúas cousas:

   a. escribir a gregofoz@gmail.com
   b. escribir no apartado comentarios que aparece ao final desta entrada.


ACTIVIDADES PARA A 1ª SEMANA
 
2º A BAC LATÍN: 1º SEMANA:
  
 a. Tradución dos textos (3).

 b. Lectura da poesía e estudio da teoría referente á poesía lírica (tedes as fotocopias).

 c. Estudo dos aforismos que levamos explicado nesta avaliación.


2º A BAC GREGO: 1º SEMANA 

a. Tradución dos textos (3)

b. Actividades de vocabulario (no blog).

c. Estudo do teatro grego. Aristófanes. As Nubes (tedes fotocopia).

 1º A BAC LATÍN: 1ª SEMANA

a. Análise de verbos (enlace na barra lateral). Marcade todos os temas e voz activa (despois podedes por tamén voz pasiva). É posible que non saibades algunhas formas que non explicamos.  SE NON PODEDES ACCEDER, DEIXÁDEO.

b. Exercicios de vocabulario (enlace na barra lateral). Sobre todo os puntos 2.3 e 2.4.

c. Rematade as traducións que tedes pola libreta a medio facer. Preguntade o que precisedes, que eu estou conectado.

1º A BAC GREGO: 1ª SEMANA  

a. Análise de verbos (enlace na barra lateral).  Seguide estes pasos: 

 a1. Seleccionade como na imaxe e pinchade 0K. Atención!, marcade só o que aparece na imaxe:


 


a2. Pinchade Start Test: 


a3. Ides pinchando por este orde: tempo, voz, persoa,  da forma que tedes que analizar. Logo, Next Question.



b. Vocabulario (enlaces da barra lateral), especialmente o 2.4, 2.5, 2.6, 2.7.



LATÍN 4º ESO: 1º SEMANA.

a. Análise de substantivos da 1ª, 2ª, 3º declinación (acceso na barra lateral). Marcade 1ª, 2ª, 3ª declinación.

b. Xa que algúns tedes problemas técnicos co apartado a), facede Declinación (1) e Declinacion (2), tamén dende a barra lateral.

b. Video: Coliseo, la arena de la muerte de Roma, (accededes na barra lateral). Contestades ás preguntas do cuestionario (barra lateral) e o enviades a gregofoz@gmail.com (vale unha foto).

No hay comentarios:

Publicar un comentario