viernes, 3 de febrero de 2017

2. Enigma grego 2016-17






Estas tres imaxes corresponden a unha famosímima canteira que na xa na época clásica explotaban os atenienses.

Como se chama a canteira?
Que famosa construción foi erixida co seu mármore?
Que están a facer as motos neste lugar?

En vía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.

domingo, 29 de enero de 2017

1. Enigma grego 2016-17


Es quen de dicir que pon no pé desta fotografía de Melina Mercuri? Se é así, ou xa sabes moito grego moderno ou es moi bo co tradutor de Google.

 Se non é así, tes outra oportunidade: que obxectos de gran valor para o seu país reclamou Melina durante toda a súa vida?

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres.

Melina Mercuri e Carlos Casares.





Platón. Fedón. A morte de Sócrates.



Despois de dicir isto, púxose en pé e dirixiuse a outro cuarto coa intención de lavarse, e Critón seguiulle, e a nós ordeounos que agardásemos alí. Así que quedamos charlando uns cos outros acerca do que se dixera antes,  volvendo a examinalo, e tamén nos repetiamos que grande era a desgraza que nos alcanzaba entón, considerando que, como privados dun pai, ibamos a percorrer orfos a nosa vida futura.

  Cando se lavou e lle trouxeron ao seu lado aos seus fillos -pois tiña dous pequenos e un xa grande- e viñeron as mulleres da súa familia, mandou retirarse ás mulleres e aos nenos, e el veu cara a nós. Entón era xa preto da posta do sol. Pois pasara un longo intre dentro.Veu recen lavado e sentou, e non se falaron moitas cousas tras isto,

Equécrates finalmente dixo: Conque, imos, Critón, que alguén traia o veleno, se está triturado e se non, que o triture o home.

Entón Critón, ao oírlle, fixo un aceno coa cabeza ao raparigo que estaba alí  preto, e o raparigo saíu e, tras demorarse un bo intre, volveu co que ía darlle o veleno que levaba moído nunha copa. Ao ver Sócrates ao individuo, díxolle:

-Veña, amigo meu, xa que ti es entendido nisto, que hai que facer?

-Máis nada que bebelo e pasear -dixo- ata que notes un peso nas pernas, e deitarse logo. E así iso actuará.

Ao tempo tendeu a copa a Sócrates.

E el colleuna, e con canta serenidade, Equécrates, sen ningún estremecimiento e sen inmutarse na súa cor nin na súa cara, senón que, mirando de esguello,  como afacía, díxolle ao home:

-Que me dis respecto da bebida esta para facer unha libación a algún deus? É posible ou non?

-Tan só preparamos, Sócrates -dixo-, a cantidade que cremos precisa para beber.

-Enténdoo -respondeu el-. Pero polo menos é posible, sen dúbida, e débese rogar aos deuses que este traslado de aquí ata alí resulte feliz. Isto é o que agora eu rogo, e que así sexa.


E tras dicir isto, alzou a copa e moi destra e serenamente apurouna dun grolo. E ata entón a maioría de nós, por gardar as conveniencias, fora capaz de conterse para non chorar, pero cando lle vimos beber, xa non; senón que, a min polo menos, con violencia e en tromba  brotábanme as bágoas, de maneira que cubríndome comecei a sollozar, por min, porque non era por el, senón pola
miña propia desdicha: de que compañeiro quedaría privado! Xa Critón antes que eu, unha vez que non era capaz de conter o seu pranto, saíra. E Apolodoro non deixara de chorar en todo o tempo anterior, pero entón rompendo a gritar e a lamentarse conmoveu a todos os presentes a excepción do mesmo Sócrates.

El dixo:  -Que facedes, sorprendentes amigos? Certamente por ese motivo despedín ás mulleres, para que non desentoaran. Porque oín que hai que morrer nun silencio ritual. Conque tede valor e mantede a calma.

 E nós ao escoitalo avergoñámonos e contivemos o pranto. El paseou, e cando dixo que lle pesaban as pernas, tendeuse boca arriba, pois así llo aconsellou o individuo. E ao mesmo tempo o que lle daba o veleno examinábao colléndolle de intre en intre os pés e as pernas, e logo, apertándolle con forza o pé, preguntoulle se sentía, e el dixo que non. E despois disto fixo o mesmo cos seus pantorrillas, e ascendendo deste xeito díxonos que se ía quedando frío e ríxido. Mentres o tenteaba díxonos que, cando iso chegáselle ao corazón, entón extinguiríase.

 Xa estaba case fria a zona do ventre cando se tapou, díxonos, e isto  foi o último que falou:

-Critón, debémoslle un galo a Asclepio. Así que págallo e non o descoides.

-Así se fará -dixo Critón-. Mira se queres algo máis.

 Pero a esta pregunta xa non respondeu, senón que ao pouco intre tivo un estremecimiento, e o home descubriuno, e el tiña ríxida a mirada.

Ao velo, Critón pechoulle a boca e os ollos.

Este foi o fin, Equécrates, que tivo o noso amigo, o mellor home, podemos dicir nós, dos que entón coñecemos, o máis intelixente e máis xusto.

1. Enigma latino 2016-17


Que función tiñan estes pilares que elevaban o chan desta luxosa villa romana?
Cómo se chamaba este sistema?

Envía a túa resposta antes do xoves (4º ESO) ou venres (1º BAC)  a gregofoz@gmail.com.

miércoles, 28 de septiembre de 2016

Números do 1 ó 10 en 5000 linguas

http://www.zompist.com/numbers.shtml

jueves, 15 de septiembre de 2016

Elixe o teu nome romano




Resultado de imagen de nombre romano


domingo, 8 de mayo de 2016

21 Enigma grego 2015-16


Con que extraño utensilio practica este atleta o salto de lonxitude?

Envía a túa resposta antes do venres a gregofoz@gmail.com

21. Enigma latino 2015-16



Que significa o nome que recibe o home en pé sobre un cabalo e  que comparte esta fermosa araña?

Envía a túa resposta antes do xoves a gregofoz@gmail.com

domingo, 1 de mayo de 2016

20. Enigma grego 2015-2016


Esta moeda representa no seu anverso a un animal mitolóxico. Como se chama e quen cabalga nel?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres.

lunes, 25 de abril de 2016

Enigma latino 19 2015-16

http://odstatic.com/canalviajes.com/roma-italiavista-interior-panteon-590x393.jpeg 

Esta impresionante cúpula corresponde ó chamado Panteón.

Onde se atopa e por quen foi construido?
Que altura ten a cúpula?
Que material foi utilizado para a súa construcción?

Envía a túa resposta antes do xoves a gregofoz@gmail.com

martes, 19 de abril de 2016

QUOMODO TE HABES HODIE?

domingo, 17 de abril de 2016

18. Enigma latino 2015-16.


Esta xigantesca estatua pertencía a un emperador romano.

De quen se trata?
Que dimensións ten?

Envía a túa resposta antes do xoves a gregofoz@gmail.com.

18. Enigma grego 2015-16.


Esta estatua de bronce é unha das contadas que conservamos da civilización grega.

De que estatua se trata?
Busca algunha outra imaxe de estatuas gregas de bronce.

Envía a túa resposta antes do venres a gregofoz@gmail.com

domingo, 10 de abril de 2016

17. Enigma grego 2015-16


Tras once largos anos de guerra regresou vivo á súa casa, onde o agradaba a morte ...

De quen estamos a falar?
Quen é o culpable da súa morte?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres.

17. Enigma latino 2015-16


¡Ben! Agora por fin podo empezar a vivir como un ser humán.

Esto exclamou un emperador romano cando puido inaugurar o seu novo pazo.

Quen era o emperador e como se chamou o seu pazo?
Que tamaño tiña?
Consérvase hoxe en día?

Envía a túa resposta antes do xoves a gregofoz@gmail.com

domingo, 3 de abril de 2016

16. Enigma latino 2015-16.




Foi o maior orador de Roma, pero tivo un final tráxico.

A quen nos referimos?
Cal foi o seu final?
Como empezan, en latín, as súas Catilinarias?

Envía a túa resposta antes da clase do  xoves a gregofoz@gmail.com

16. Enigma grego 2015-16.


Un sabio grego inventou, entre outras moitas cousas, un parafuso que leva o seu nome.

 Como se chama o sabio e o seu invento?
Que utilidade tiña a súa invención?
Busca unha imaxe do seu invento.

Enviade a vosa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com.

lunes, 28 de marzo de 2016

15. Enigma grego 2015-16.


Que problema ten quen padeza aracnodactilia?
Que famoso violinista a tiña?
Que outros termos galegos veñen da raiz grega dáctilos?

Envía a túa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com.

15. Enigma latino 2015-16.

De que palabra latina ven o termo dixital?
Indica máis palabras coa mesma raiz.

Envía a túa resposta antes da clase do xoves a gregofoz@gmail.com.

domingo, 20 de marzo de 2016

TRABALLO SEMANA SANTA 2016.



Segunda declinación latina. Hai substantivos masculinos (dominus) y neutros (templum) que se declinan como aparece no cadro.

EXERCICIO 1.

Declina: lupus   servus  / bellum (neutro) /  bonum (neutro)


EXERCICIO 2.

ANALIZA E TRADUCE.

As aventuras e desventuras de Orfeo e a súa mulller Eurídice, á que trata de rescatar do Hades (o inferno)

Orpheus poeta feras cantu suo domabat atque magna saxa lyrae suavitate movebat. Eurydicam, pulchram feminam, in matrimonio habebat et multum  amabat. Orpheus beatus erat, sed vipera Eurydicam in prato mordet et suo veneno propere necat. Eurydica in Inferos, mortuorum magna regna, descendit. Orpheus in Inferos venit atque inter mortuorum umbras quaerebat Eurydicam suam. Postremo Proserpinam, Inferorum deam, suis verbis canoris movit. Proserpina dea Eurydicam Orpheo reddit. Iam Orpheus Eurydicam ex Inferis in terras ducebat et laetus erat. Orpheus ad Inferos respicere non debebat, sed, magna cura motus, ad Inferos respexit. Tunc Eurydica in Inferos rursus descendit atque in Inferis perpetuo mansit.
NOTAS:
- As palabras en negrita son da segunda declinación.
 - Podes xuntar palabras da segunda e da primeira declinación se están no mesmo caso; por exemplo ORPHEUS POETA (as dúas en Nominativo singular, suxeito da frase) 
- Cando aparece unha preposición, vai acompañada de acusativo ou ablativo e analízase como Complemento Circiunstancial. Por exemplo: in Inferos: preposición+acusativo plural= c.c. (ós Infernos)
VOCABULARIO                                                       
Orpheus:Orfeo/ cantu : canto (ablativo singular) /atque: e /  saxa:pedra / lyrae: lira/ suavitate: (ablativo singular)  dozura/ Eurydicam: Euridice/ pulchram: fermosa/ multum: moito/  beatus: feliz/ sed:pero/ vipera: víbora/ propere: (adverbio) rapidamente /prato: prado / necat: matar/  regna: reino/ quaerebat: buscar/ Postremo : despois/ verbis: palabras/  canoris: cantoras/  movit: conmoveu
 reddit: devolveu/ Iam: xa/  ex: dende/ ducebat: conducir/ laetus: ledo /  respicere: (infinitivo) mirar / cura: preocupación /  motus:  movido/  respexit:  mirou /Tunc : entón/  rursus: (adverbio)  novamente/  perpetuo (adverbio)  eternamente/  mansit:  permaneceu












martes, 8 de marzo de 2016

Lémur



lunes, 29 de febrero de 2016

OCTAVIO AUGUSTO

https://youtu.be/2jPubQ0I79A

14.Enigma grego 2014-15

Que significado tiña esta figura asociada a ese nome grego?

 Envía a túa respoata a gregofoz@gmail.com antes do venres.

14. Enigma latín 2014-15


 De onde procede este signo?

Envía a túa resposta antes do xoves a gregofoz@gmail.com

domingo, 21 de febrero de 2016

13. Enigma grego 2015-16.


Que historia mitolóxica pintou Velázquez nesta obra?

Envía a túa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com 

13. Enigma latino 2015-16


Explica esta imaxe.

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.con antes da clase do xoves.

lunes, 15 de febrero de 2016

Domus romana (2)


Domus romana


lunes, 25 de enero de 2016

12. Enigma latino 2015-16.




Que características ten esta trirreme romana?
Envía a túa resposta antes do xoves a gregofoz@gmail.com

12. Enigma grego 2015-16


 Que era o vellocino de ouro? Quen o quere conseguir? Que ten que facer para iso?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.

domingo, 17 de enero de 2016

11. Enigma grego 2015-16



 Este famoso e impresionante edificio - a Ópera de Sidney -ten moitísima menos capacidade de espectadores que o máior teatro grego da antigüidade. 

 Que teatro era e onde está? Que capacidade ten? E que capacidade ten o da imaxe?


Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do venres.

11. Enigma latino 2015-16



As termas romanas alcanzaron un enorme tamaño e complexidade. Cal é a máis grande de Roma? Que capacidade tiña? Canto costaba a entrada?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves.

miércoles, 13 de enero de 2016

10. Enigma grego 2015-16



Hecatombe é a palabra clave deste enigma. Buscamos:

- Que significados ten este termo.
- Cal é a súa etimoloxía.
- Na antiga Grecia hecatombe daba nome a un mes. Cal?Que ocurría nese mes?

Envía a túa reposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com

martes, 12 de enero de 2016


Libertas capitur: Badawi



lunes, 11 de enero de 2016

10. Enigma latino 2015-2016


  • Libertas capitur
  • Libertas perfundet omnia luce

Que significan estas dúas expresións latinas?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves.


viernes, 11 de diciembre de 2015

http://internacional.elpais.com/internacional/2015/12/11/actualidad/1449825576_733415.html

domingo, 29 de noviembre de 2015

9. Enigma latino 2015-16.



  Estas intalacións utilizábanse para fabricar unha famosísima salsa que encantaba ós romanos ainda que hoxe non poidamos entender moi ben por que lles gustaba tanto ...

Como se chamaba esta salsa?
Como se elaboraba?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do xoves.

9. Enigma grego 2015-16


 Busca algunha comida tradicional da Grecia de hoxe que teña orixe turco e árabe. Hai moitas ...

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres.

domingo, 22 de noviembre de 2015

8. Enigma grego 2015-16

Quen é o protagonista desta coñecida anécdota da antiguidade? Que ideas defendía? 

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres.

8. Enigma latino 2015-16.




                                                                 Explica o chiste.

Envía a túa resposta antes do xoves a gregofoz@gmail.com.

domingo, 8 de noviembre de 2015

7. Enigma latino 2015-16


Por que todos din que son Espartaco?
Quen foi Espartaco?

Envía a túa resposta antes do xoves a gregofoz@gmail.com

7. Enigma grego 2015-16


a.   Explica o mito referido na tira cómica. 
        b .  En que obra teatral se desenvolve este mito?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres.

martes, 3 de noviembre de 2015

6. Enigma grego 2015-16.

Que mito protagoniza este curioso personaxe?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres.

lunes, 2 de noviembre de 2015

6. Enigma latino. 2014-15



Que significa esta expresión que fai referencia ó mundo latino?

Envía a túa resposta antes da clase do luns a gregofoz@gmail.com.

martes, 27 de octubre de 2015

5 Enigma grego e latín 2015-16.

Latín: explica as viñetas de Caronte (Charon) e Cerbero (Cerberus).
Grego: explica as viñetas de Ícaro (Icarus) y Escila (Scylla).

 Envía a túa resposta antes do martes a gregofoz@gmail.

miércoles, 14 de octubre de 2015

4. Enima grego 2015- 16



Que é este disco que podes ver na imaxe?
Que está escrito nel?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do venres.



martes, 13 de octubre de 2015

Enigma latino 4. 2015-16


De que célebre e decisivo suceso trata esta viñeta cómica? Explícao.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com nates do xoves.

domingo, 4 de octubre de 2015

3. Enigma latino 2015-16


 Houbo quen intentou descubrir se alguén estaba agochado dentro do cabalo de Troia. Quen foi ?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do xoves.